O RC Celta, galardonado na X edición dos Premios Nacionais de Marketing na categoría de Marca

O RC Celta recibiu un magnífico recoñecemento a súa labor en marketing coa entrega do terceiro premio na categoría de Marca na X Edición dos Premios MKT, na que concorrían un total de 245 candidaturas de empresas de enorme prestixio nacional e internacional. Estes premios, organizados pola Asociación de Marketing de España, buscan recoñecer e … Continuación

Xa á venda nas tendas do club as equipacións do RC Celta da tempada 2018/2019

As novas equipacións do RC Celta para a tempada 2018/2019 xa están á venda nas tendas oficiais do club na Sé e o estadio. Estas equipacións foron recibidas con entusiasmo pola afección. A primeira equipación, desvelada coa participación da afección nas redes sociais, presenta un pescozo cun só botón de goma, que garante un absoluto … Continuación

Carlos Mouriño analiza en profundidade a actualidade do club ante os medios

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, analizou esta mañá no Salón regio de A Sede a actualidade de club nunha multitudinaria roda de prensa na que respondeu con claridade ás preguntas dos medios de comunicación, Podes repasar a comparecencia no seguinte enlace: https://youtu.be/epjMyYKTNug

Segue en directo este xoves a roda de prensa de Carlos Mouriño sobre a actualidade do club

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, comparecerá este xoves ás 9.30 horas no Salón Regio da Sé para analizar a actualidade do club. Podes seguir a roda de prensa en directo nas redes sociais do RC Celta, Facebook e YouTube, ademais de en a páxina web oficial.

RC Celta e ABANCA reforzan a súa colaboración institucional cun acordo para os próximos 10 anos

Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta e Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA presentaron este mediodía no Salón regio da Sé un novo acordo que reforza a colaboración institucional entre ambos e renova os términos do patrocinio deportivo. O plan polo que ABANCA convértese na entidade financeira de referencia, e main partner do RC … Continuación

RC Celta e Hijos de Rivera amplían os seus vínculos para seguir crecendo xuntos

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, presentaron esta mañá o novo acordo de patrocinio entre ambas entidades, cunha duración de tres anos e que se estende, ademais á Fundación Celta e Afouteza. Estrella de Galicia e Cabreiroá serán patrocinadores principais do RC Celta no … Continuación

O RC Celta, un dos tres clubs de Primeira División sen débeda neta

Un informe económico elaborado pola revista especializada Palco 23 retrata a situación financeira dos clubs españois e sitúa ao RC Celta entre un dos tres clubs de Primeira División que carecen de débeda neta. Este dato reflicte o extraordinario traballo realizado no seo do club para levar á entidade celeste a unha situación admirable e … Continuación

A Fase Final de LaLiga Genuine comeza este sábado na Madroa

Os días 26 e 27 de maio celébrase na Madroa a Fase Final de LaLiga Genuine, unha iniciativa integradora de responsabilidade social e pioneira no mundo, organizada por LaLiga a través da súa Fundación, consistente nunha Liga de fútbol integrada por equipos do colectivo DEI (persoas con discapacidade intelectual). O equipo Fundación Celta Integra debuta nesta … Continuación

Balaídos inicia a rexeneración do seu tapete

O club iniciou este venres a rexeneración do terreo de xogo de Balaídos, un proceso habitual na maioría de clubs ao termo da tempada e que permite combater o desenvolvemento da maleza común poa annua. O proceso de substitución comezou retirando o tapete a unha profundidade de 2 centímetros para, posteriormente, realizar a sementeira do novo … Continuación

Os veteráns do Celta viaxan á Fase Final do Campionato de España de F7

A Agrupación de Antigos Xogadores do RC Celta desprázase este venres 25 de maio a Valencia, onde xogarán a Fase Final da Liga Solidaria FEAFV - Campionato de España de Fútbol 7. Os celestes, campións da Zona Norte, dispútanse o título co Racing Club de Santander, Real Valladolid, AD Alcorcón, Elche CF, Albacete Balompié, Málaga CF … Continuación