Segue en directo a rolda de prensa de Carlos Mouriño sobre a nova cidade deportiva

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));

Pesar na familia celeste. Todo o agarimo e o apoio a Santi Cañizares

Xornada de gran tristeza para a familia celeste. O ex porteiro do RC Celta, Santiago Cañizares, perdeu hoxe ao seu fillo. O club e a súa afección queren enviarlle a Santi e á súa familia todo o apoio e o agarimo ante esta terrible desgraza. DEP.

Vigo e o celtismo abrazan ao RC Celta nunha multitudinaria inauguración de A Sede

O RC Celta, a súa afección, Vigo e Galicia viviron hoxe unha xornada histórica,  a chegada do Celta ao corazón da cidade coa inauguración de A Sede, un magnífico edificio que se converterá en punto de encontro para o celtismo e nun gran referente en actividades culturais, comerciais e de lecer. Foi unha xornada festiva … Continuación

A inauguración de A Sede en directo con Celta Media!

Afeccionados e cidadáns poden visitar a sede de domingo a martes de 9.00 a 21.00 horas

Os afeccionados poderán visitar A Sede o domingo 18, luns 19 e martes 20 de marzo. Serán tres xornadas de portas abertas para que o celtismo e os cidadáns poidan coñecer a fondo as instalacións, xa que poderán realizar un percorrido completo por cada unha das plantas do edificio. O horario destas xornadas especiais para … Continuación

Balaídos homenaxeará á atleta galega Ana Peleteiro

O Real Club Celta homenaxeará á atleta galega Ana Peleteiro este domingo nos prolegómenos do partido ante o Málaga CF. Balaídos e o celtismo terán a oportunidade de mostrar a súa admiración e afecto pola deportista galega, medalla de bronce na modalidade de triple salto nos mundiais de pista cuberta celebrados en Birmingham.

O Salón Rexio de A Sede acolle este sábado un acústico de Roi, Cepeda e Miriam

Os cantantes galegos Roi, Cepeda e Miriam, protagonistas da última edición do programa televisivo Operación Triunfo, ofrecerán este sábado ás 22.30 horas un acústico no Salón Rexio da Sede do RC Celta, un evento íntimo ao que asistirán autoridades, patrocinadores e abonados do club. Estes últimos, un total de 12, poderán acceder a unha invitación … Continuación

Roi e Cepeda de OT, Wöyza, Budiño, Miguel Costas e máis este sábado na festa de A Sede

O RC Celta preparou para este sábado 17 de marzo unha espectacular xornada festiva chea de celtismo, música e animación para celebrar a apertura da nova sede céltica na Rúa do Príncipe. As rúas de Vigo encheranse de espectáculo desde o mediodía, ás 18:00 haberá unha concentración celtista fronte ao museo do MARCO e ás … Continuación

Pesar polo falecemento do ex xogador celeste Antonio Pais

Loito no RC Celta polo falecemento de Antonio Pais (Padrón, 1938), xogador do RC Celta entre 1959 e 1961. O club envía os seus máis sinceras condolencias e todo o seu agarimo aos familiares, amigos e compañeiros do futbolista galego. DEP.

A Sede, cumprindo un soño. Último episodio de Abrindo Portas!