19 convocados para o desplazamento a Eibar

  O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, convocou a 19 xogadores para o partido de Liga ante a SD Eibar (sábado, 22:05h, Ipurúa), correspondente á sexta xornada de Primeira División, entre eles o porteiro do filial Néstor. Son baixa por lesión o porteiro Rubén Blanco e o defensa central Andreu Fontàs.   A lista … Continuación

Orellana regresa á Selección de Chile

  O atacante celeste Fabián Orellana foi convocado por Jorge Sampaoli, seleccionador de Chile, para participar en dous partidos de clasificación para o Mundial de Rusia 2018. O conxunto chileno medirase a Brasil o 8 de outubro en Santiago de Chile e a Perú o 13 do mesmo mes en Lima.   O regreso de … Continuación

O Celta suma un punto en Ipurúa e segue invicto

  O Celta sumou un punto no sempre complicado campo de Ipurúa tras encaixar aos 2 minutos nun saque de esquina. Os celestes tentárono sen desmaio e finalmente Iago Aspas anotou o tanto do empate tras unha gran xogada de Jonny. Os vigueses seguen invictos e pechan de maneira moi satisfactoria unha gran semana.   … Continuación

O Celta visita Anoeta o sábado 31 de outubro

  A LFP confirmou o horario para a xornada 10 de Primeira División. O Celta visita Anoeta o sábado 31 de outubro para medirse ás 22:05 á Real Sociedad. O encontro emitirase en aberto a través de TVE1.

Augusto, intervido satisfactoriamente da rotura tendinosa da súa man dereita

  O centrocampista do Celta Augusto Fernández foi operado esta tarde de maneira satisfactoria da rotura tendinosa no 2º dedo da súa man dereita. A intervención tivo lugar no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima e foi levada a cabo polos doutores Irisarri, Pombo e García Cota, xefe dos servizos médicos do club.   O … Continuación

Nolito, xogador do mes de Setembro da LigaBBVA

  A LFP elixiu ao dianteiro celeste Nolito como Xogador do Mes de Setembro da LigaBBVA. O destacado inicio ligueiro do RC Celta e o gran momento de forma que vive o atacante andaluz vense recompensados con este galardón que o gaditano xa recibira en Setembro de 2014. Marcos Fernández Encina, Director de Zona Galicia … Continuación

Berizzo convoca a 18 xogadores ante o Getafe

  O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, convocou a 18 xogadores para o partido de Liga ante o Getafe CF (venres, 20:30h, Balaídos), correspondente á sétima xornada de Primeira División, entre eles os xogadores do filial Néstor e Borja Fernández. Son baixas por lesión o porteiro Rubén Blanco, o defensa central Andreu Fontàs e … Continuación

Sete xogadores celestes convocados polas súas seleccións

Nolito, Guidetti, Orellana, Madinda, Wass, Jonny e Bongonda foron convocados polas súas seleccións nacionais, de categoría Sub-21 no caso dos dous últimos. O gran inicio ligueiro do RC Celta non pasou desapercibido para os seleccionadores, quen decidiron incluír a futbolistas celestes nas súas listas de cara ás próximas datas FIFA.   NOLITO (ESPAÑA) O atacante … Continuación

O Celta non pode cun correúdo Getafe

  O Celta non puido pasar do empate sen goles nun partido duro e trabado ante un correúdo e ordenado Getafe. Os celestes expuxeron máis, pero non logaron bater a un moi acertado Guaita.   Cinco minutos tardou o Celta en arrincar. E outro cinco en gozar dunha gran ocasión, con remate de Iago Aspas … Continuación

Balaídos recibe ao Valencia o sábado 7 de novembro

  A LFP confirmou os horarios da xornada 11 de Primeira División. O Celta recibe ao Valencia CF o sábado 7 de novembro ás 16:00 horas en Balaídos. O partido será retransmitido a través de Canal+ Liga e Abono Fútbol.