David Juncà permanecerá sobre tres semanas de baixa

O lateral David Juncà permanecerá ao redor de tres semanas de baixa debido a unha rotura fibrilar de grao 1 no aductor medio da súa coxa dereita. O defensor celeste lesionouse durante o encontro ante o Real Madrid o pasado fin de semana. Doutra banda, o dianteiro Iago Aspas foi sometido onte a novas probas que … Continuación

Comunicado RC Celta Mathias Jensen

O xogador do RC Celta, Mathías Jensen, desmente totalmente as informacións publicadas hoxe no tabloide danés BT sobre a súa estancia no equipo celeste. O centrocampista danés nega realizar as declaracións que sinala o citado medio durante a concentración coa selección Sub-21 de Dinamarca. O xogador, molesto e preocupado con esta información, foi quen se puxo … Continuación

Os abonados xa poden reservar entradas visitantes para o Metropolitano

O RC Celta visita o estadio Metropolitano o sábado 13 de abril ás 18:30 horas para disputar a trixesimosegunda xornada de LaLiga ante o Atlético de Madrid. Os abonados que estean interesados en asistir a este encontro xa poden reservar a súa entrada (ata esgotar existencias) presentando o seu carné nas billeteiras do RC Celta en ABANCA Balaídos. O custo da entrada é de 50€ e a reserva está … Continuación

Kevin: “O apoio da afección nótase. Necesitámolos a todos”

O canteirán Kevin Vázquez comparece na sala de prensa da Madroa, analiza o partido no Bernabéu e fala sobre a importancia do próximo choque ante o Villarreal e o papel determinante da afección.

Boudebouz: “Con ganas e xuntos, temos que saír adiante”

O atacante celeste Ryad Boudebouz fala con Celta Media sobre a situación actual do equipo e a súa chegada ao club vigués

A afección do RC Celta esgota as entradas para o partido ante o Villarreal

Os afeccionados do RC Celta envorcáronse co primeiro equipo de cara ao transcendental partido do próximo sábado ante o Villarreal e esgotaron todas as entradas e invitacións dispoñibles. Para este encontro, cada abonado do club podía retirar unha invitación gratuíta e, ademais, puxéronse á venda boletos cun prezo reducido. A maiores, o club liberou o … Continuación

O RC Celta xa coñece os horarios dos seus partidos ante Girona e Espanyol

LaLiga comunicou os horarios correspondentes ás xornadas 33 e 34 de LaLiga, na que o RC Celta enfrontarase a Girona e Espanyol respectivamente. Os celestes recibirán ao conxunto branquivermello o sábado 20 de abril ás 13:00 horas e visitarán ao equipo barcelonés o mércores 24 de abril ás 20.30 horas. BeIN Sports LaLiga retransmitirá os encontros en directo.

Así lles foi aos xogadores internacionais do RC Celta

O seis xogadores do RC Celta concentrados coas súas seleccións xa disputaron todos os partidos internacionais correspondentes ao parón internacional do mes de marzo. Maxi Gómez Uruguai 3-0 Uzbequistán (China): 22/03/2019. Amigable. Disputou 7 minutos. Uruguai 4-0 Taliandia (China) 25/03/2019. Amigable. Disputou 28 minutos e anotou o seu primeiro gol coa selección charrúa. Okay Yokuslu … Continuación

David Costas: “Estamos mentalizados. É o partido máis importante da tempada”

O canteirán e central celeste David Costas atende aos medios de comunicación antes do vital partido de Liga ante o Villarreal, para o que se colgou o cartaz de entradas esgotadas (sábado, 18:30, Abanca Balaídos).

Iago Aspas recibe a alta médica

Excelentes noticias na enfermaría do RC Celta. O dianteiro Iago Aspas recibiu este xoves a alta médica tras caer lesionado o pasado 16 de febreiro durante o quecemento do partido ante o Levante. O canteirán celeste e máximo goleador do equipo en LaLiga estará a disposición do adestrador Fran Escribá para o vital partido contra o … Continuación