sofiane-boufal-celta-vigo-levante-abanca-balaidos-liga-160219.jpg
Primeiro Equipo

O Levante UD imponse ao RC Celta en ABANCA Balaídos (1-4)

RC Celta

O RC Celta perdeu en ABANCA Balaídos ante o Levante UD (1-4) nun partido no que os azulgranas tiveron moita máis efectividade na área rival. Os de Miguel Cardoso anotaron de penalti grazas a un bo lanzamento de Brais Méndez.

Comezou o encontro cun RC Celta facéndose coa posesión de balón e buscando a portaría contraria. Con todo, foi o Levante UD o que se adiantou no marcador no minuto 20 cun gol de Morales. Boufal e Hugo Mallo dispuxeron de ocasións claras que atallou o porteiro visitante e Coke, tras un saque de esquina, puxo o 0-2 antes do descanso.

A segunda metade empezou coa expulsión de Boudebouz despois de cometer falta sobre un xogador levantinista. Cando se cumpría a hora de xogo Morales aumentaba aínda máis a vantaxe visitante co terceiro gol do partido. No tramo final Brais Méndez e Mayoral puxeron o 1-4 definitivo.

FICHA TÉCNICA

1 – RC Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Araujo, Hoedt, Juncà; Jozabed (Lobotka, min 46), Okay Yokuslu, Beltrán (Jensen, min 71); Boudebouz, Boufal y Brais.

4 – Levante UD: Aitor; Coke (Chema, min 78), Vezo, Róber, Luna; Bardhi, Campaña; Morales (Dwamena, min 83), Rochina (Doukoure, min 58), Moses y Mayoral.

Goles: 0-1 Morales, min 20; 0-2 Coke, min 40; 0-3, Morales, min 61; 1-3 Brais, min 87; 1-4 Mayoral, min 88;

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amonestou a Boufal, Bodebouz (vermella directa) (RC Celta), Doukoure (Levante UD)

Campo: ABANCA Balaídos (15.479 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas