O ‘Toro’ Fernández xogará cedido no Real Zaragoza

RC Celta e Real Zaragoza chegaron a un acordo para a cesión até final de tempada do dianteiro uruguaio Gabriel 'Toro' Fernández. O RC Celta desexalle toda a sorte e o maior dos éxitos durante a súa etapa no club de LaLiga SmartBank.

SD Eibar – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e catro xogadores para o partido da primeira xornada de LaLiga na que o RC Celta visita á SD Eibar (sábado, 16.00, Ipurúa). A listaxe completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Denis Suárez, Álvaro Vadillo, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Renato … Continuación

Un sólido RC Celta empata no seu debut na liga (0-0)

Un sólido RC Celta empatou no seu debut liguero ante a SD Eibar (0-0) nun encontro no que foi superior. Os de Óscar García foron de menos a máis e gozaron das mellores ocasións do partido. Os primeiros 45 minutos estiveron marcados pola igualdade, aínda que foron os xogadores celestes os que tiveron as mellores … Continuación

Iago Aspas alcanza os 200 partidos en Primeira co RC Celta

Iago Aspas alcanzou este sábado ante a SD Eibar os 200 partidos co RC Celta en Primeira División. En todos estes encontros o canteirán celeste suma 101 goles oficiais que lle axudaron para conseguir tres Trofeos Zarra.

Joseph Aidoo entra no XI ideal da xornada de LaLiga Fantasy

O bo partido do RC Celta este sábado ante a SD Eibar segue recibindo recoñecementos. O defensa Joseph Aidoo entrou no mellor XI da xornada de LaLiga Fantasy como un dos mellores zagueiros do fin de semana. O céltico comparte aliñación ideal con Dmitrovic (Eibar), Paulista, Vallejo (Valencia), Domingos, Milla e Montoro (Granada), Morales (Levante), … Continuación

Kevin sofre unha escordadura na súa man dereita

Kevin Vázquez sufriu este martes no adestramento un forte golpe na súa man dereita. As probas médicas determinaron que o lateral celeste sofre unha escordadura na devandita zona pero non se aprecia lesión ósea. Mañá realizarase unha nova avaliación para determinar a súa evolución.

Volve a enerxía e o liderado de Jeison Murillo: será celeste esta tempada

Foi un poderoso chorro de enerxía, optimismo e liderado. Converteuse nun baluarte da defensa celeste e nunha peza moi querida no vestiario. Volve Jeison Murillo, que será xogador do RC Celta esta tempada, a falta de recoñecemento médico e firma definitiva, cedido pola Sampdoria cunha opción de compra. O internacional colombiano chegou durante o pasado … Continuación

Jozabed renova co RC Celta ata 2022 e márchase cedido ao Málaga até final de tempada

O RC Celta e Jozabed Sánchez alcanzaron un acordo para a renovación do xogador andaluz ata 2022. O centrocampista xogará cedido no Málaga CF até o final da presente tempada con opción de compra obligaroria en caso de ascenso. O Real Club Celta deséxalle o maior dos éxitos durante a súa cesión no conxunto branquiazul.

Jeison Murillo xa é xogador do RC Celta tras asinar o seu contrato

Jeison Murillo, unha das fichaxes máis deseadas polo celtismo, selou este xoves en A Sede o seu regreso ao RC Celta, onde xogará cedido esta tempada. Tras superar o recoñecemento médico na Clínica RC Celta, o central colombiano asinou o seu novo contrato xunto ao presidente Carlos Mouriño. O defensa celeste regresa ao club onde xogou … Continuación

RC Celta – Valencia CF: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e catro xogadores para o partido da segunda xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Valencia CF (sábado, 21.00, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Denis Suárez, Álvaro Vadillo, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, … Continuación