O Celta visita Anoeta o sábado 31 de outubro

  A LFP confirmou o horario para a xornada 10 de Primeira División. O Celta visita Anoeta o sábado 31 de outubro para medirse ás 22:05 á Real Sociedad. O encontro emitirase en aberto a través de TVE1.

Augusto, intervido satisfactoriamente da rotura tendinosa da súa man dereita

  O centrocampista do Celta Augusto Fernández foi operado esta tarde de maneira satisfactoria da rotura tendinosa no 2º dedo da súa man dereita. A intervención tivo lugar no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima e foi levada a cabo polos doutores Irisarri, Pombo e García Cota, xefe dos servizos médicos do club.   O … Continuación

Nolito, xogador do mes de Setembro da LigaBBVA

  A LFP elixiu ao dianteiro celeste Nolito como Xogador do Mes de Setembro da LigaBBVA. O destacado inicio ligueiro do RC Celta e o gran momento de forma que vive o atacante andaluz vense recompensados con este galardón que o gaditano xa recibira en Setembro de 2014. Marcos Fernández Encina, Director de Zona Galicia … Continuación

Berizzo convoca a 18 xogadores ante o Getafe

  O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, convocou a 18 xogadores para o partido de Liga ante o Getafe CF (venres, 20:30h, Balaídos), correspondente á sétima xornada de Primeira División, entre eles os xogadores do filial Néstor e Borja Fernández. Son baixas por lesión o porteiro Rubén Blanco, o defensa central Andreu Fontàs e … Continuación

Sete xogadores celestes convocados polas súas seleccións

Nolito, Guidetti, Orellana, Madinda, Wass, Jonny e Bongonda foron convocados polas súas seleccións nacionais, de categoría Sub-21 no caso dos dous últimos. O gran inicio ligueiro do RC Celta non pasou desapercibido para os seleccionadores, quen decidiron incluír a futbolistas celestes nas súas listas de cara ás próximas datas FIFA.   NOLITO (ESPAÑA) O atacante … Continuación

O Celta non pode cun correúdo Getafe

  O Celta non puido pasar do empate sen goles nun partido duro e trabado ante un correúdo e ordenado Getafe. Os celestes expuxeron máis, pero non logaron bater a un moi acertado Guaita.   Cinco minutos tardou o Celta en arrincar. E outro cinco en gozar dunha gran ocasión, con remate de Iago Aspas … Continuación

Balaídos recibe ao Valencia o sábado 7 de novembro

  A LFP confirmou os horarios da xornada 11 de Primeira División. O Celta recibe ao Valencia CF o sábado 7 de novembro ás 16:00 horas en Balaídos. O partido será retransmitido a través de Canal+ Liga e Abono Fútbol.

Os xogadores do Celta completan os seus compromisos internacionais

  Os internacionais celestes cumpriron cos compromisos das súas seleccións nacionais. Ata 7 futbolistas do primeiro equipo céltico foron convocados para participar en distintos compromisos: Nolito (España), Guidetti (Suecia), Wass (Dinamarca), Madinda (Gabón), Orellana (Chile), Bongonda (Bélxica Sub-21) e Jonny (España Sub-21). O canteirán Jonny, con molestias, e Bongonda foron os únicos que non puideron … Continuación

Jonny: “Queremos gozar e facer gozar á afección co noso xogo”

  VÍDEO EN CELTA TV   Jonny reincorporouse hoxe aos adestramentos do Celta tras regresar da concentración da Selección Española Sub-21. O canteirán non puido participar en ningún dos dous partidos que o combinado español disputou debido a unhas molestias leves das que xa está recuperado: "Foron unhas molestias na zona do cuadriceps e en … Continuación

Celta-R.Madrid: últimos días para adquirir entradas e suplementos

  BILLETEIRA ONLINE | TFNO. ABONADOS 986.21.32.30     Con Tribuna esgotada e o resto de bancadas avanzando cara ao cheo, o partido RC Celta-Real Madrid do próximo sábado 24 ten asegurado un ambiente espectacular. O conxunto madrileño, un dos máis potentes do panorama futbolístico mundial, visita Balaídos nun momento ilusionante para os celestes que, a … Continuación