Goleada celeste na primeira eliminatoria de Copa do Rei ante o CD Ebro. Santi Mina abriu o marcador. Seguíronlle Solari, Cervi por partida dobre e Fontán, que se estreou como goleador co primeiro equipo. O venres 3 de decembro, sorteo da seguinte fase.
Tardou en carburar pero, cando o fixo, o equipo de Coudet gozou. Goleada na Romareda para superar con nota a primeira proba da Copa do Rei 21/22. O partido arrincou cun Ebro aguerrido e valente ante un RC Celta que non terminaba de sentirse cómodo. A situación pareceu agravarse coa lesión muscular de Galhardo nada … Continuación
O RC Celta volveu sumar tres puntos nun partido protagonizado polo frío e a neve. Os de Coudet venceron ao Alavés en Mendizorroza con goles de Santi Mina e Iago Aspas, unha parella atacante que xa suma once goles nesta temporada.
O RC Celta sumou unha importante vitoria por 1-2 en Mendizorroza ante o Deportivo Alavés no partido correspondente á décimo quinta xornada de LaLiga. Tras unha primeira parte igualada, na que os celestes se adiantaron no marcador, Iago Aspas daría o triunfo ao RC Celta no ecuador dunha segunda metade na que os de Eduardo … Continuación
O RC Celta rescatou un punto ante o Villarreal CF en Abanca Balaídos no encontro correspondente á décimo cuarta xornada de LaLiga. Un encontro no que o submarino amarelo adiantouse no marcador por medio de Alberto Moreno na primeira parte, pero un gol de Brais Méndez subiría as táboas ao marcador na segunda metade.
O RC Celta sumou un punto esta tarde en Abanca Balaídos tras empatar a un gol ante o Villarreal CF no partido correspondente á décimo cuarta xornada de LaLiga. O conxunto castellonenco adiantouse no marcador na primeira parte por medio de Alberto Moreno, pero os celestes melloraron na segunda parte e lograrían a igualada por … Continuación