Cinco xogadores celestes presentan problemas físicos tralo partido ante o Elche

O partido do pasado domingo no Martínez Valero deixou un reguero de lesións no RC Celta, con ata cinco futbolistas con problemas físicos. Os servizos médicos do club detallaron hoxe a situación dos xogadores celestes que acabaron o encontro con diferentes dolencias. No caso de Brais Méndez, que non puido acudir á convocatoria da Selección … Continuación

Tapia, Aidoo e Araújo incorpóranse ás súas seleccións

Renato Tapia, Joseph Aidoo e Néstor Araújo son os xogadores celestes con compromisos internacionais no parón de seleccións de outubro. O defensa peruano e o mexicano afrontarán encontros clasificatorios ao Mundial de Qatar 2022, mentres que o ganés foi chamado de cara aos partidos de clasificación á próxima Copa África.   Renato Tapia (Perú) Perú-Chile … Continuación

Resumo | Elche CF – RC Celta

Derrota celeste no Martínez Valero (1-0). O RC Celta deixou os puntos en Elche nun encontro complicado no que os locais adiantáronse ao inicio do segundo tempo. Nos minutos finais, os de Coudet puideron empatar cun balón de Galhardo ao poste e un tanto anulado a Iago Aspas.

Brais Méndez sofre unha lesión de nocello e non poderá acudir ao chamado da Selección Española

O partido no Martínez Valero deixou unha ampla nómina de xogadores con incidencias físicas, o caso máis destacado o de Brais Méndez. O centrocampista celeste formaba parte da convocatoria de España para a Final Four da Nations League, cita á que finalmente non poderá acudir por un traumatismo e escordadura no nocello esquerdo. Os outros … Continuación

O RC Celta cae en Elche pola mínima nun partido con pouco fútbol (1-0)

Derrota celeste no Martínez Valero. Partido duro e rochoso, sen ocasións e con moi pouco fútbol, no que o Elche foi máis efectivo que o cadro vigués. Os de Coudet foron de menos a máis no primeiro tempo e no arranque da segunda parte pareceron recobrar forzas e claridade no ataque. Un gol de Benedetto … Continuación

Santi Mina ten a alta médica e está dispoñible para o Elche CF – RC Celta

  O dianteiro celeste, Santi Mina, está recuperado da lesión producida no pasado partido de LaLiga fronte ao Granada CF en Abanca Balaídos. Desta maneira, Eduardo Coudet poderá contar con el para o partido fronte ao Elche CF correspondente á xornada 8 no Martínez Valero.

Lista de convocados para o Elche CF – RC Celta

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 23 xogadores para o partido deste domingo ás 14h ante o Elche CF en el Estadio Manuel Martínez Valero. A lista fórmana Matías Dituro, Rubén Blanco, Coke Carillo, Hugo Mallo, Néstor Araujo, Carlos Domínguez, Joseph Aidoo, Kevin Vázquez, Jeison Murillo, José Fontán, Miguel Baeza, Javi Galán, … Continuación

Resumo | RC Celta – Granada CF

O RC Celta sumou unha nova vitoria grazas a un tanto ‘in extremis’ de Denis Suárez que desatou a euforia en Abanca Balaídos (1-0). Non perdas o resumo do partido ante o Granada coas mellores xogadas e o tanto do centrocampista de Salceda.

Denis Suárez desata a euforia de Abanca Balaídos cun gol sobre a bucina (1-0)

O RC Celta conseguiu ante o Granada a súa segunda vitoria da tempada. Foi grazas a un tanto de Denis Suárez, asistido por Santi Mina, nun final de auténtico infarto. Un primeiro tempo con dominio celeste, pero escasas ocasións. O RC Celta foi quen de construír varias xogadas ofensivas que o plantaron na área nazarí, … Continuación

Lista de convocados para o RC Celta – Granada CF

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido deste luns ás 21h ante o Granada CF en Abanca Balaídos. A lista fórmana Matías Dituro, Rubén Blanco, Coke Carillo, Hugo Mallo, Néstor Araujo, Carlos Domínguez, Kevin Vázquez, Jeison Murillo, José Fontán, Miguel Baeza, Javi Galán, Renato Tapia, Fran Beltrán, Okay … Continuación