O Xuvenil A imponse ao RC Deportivo en ‘O Noso Derbi’ (0-2)

O RC Celta Xuvenil A impúxose este domingo ao RC Deportivo (0-2) en 'O Noso Derbi' da categoría. Os dous goles do conxunto celeste foron obra de Miguel Rodríguez. O equipo que dirixe Jorge Cuesta suma seis puntos tras dúas xornadas e buscará continuar coa súa boa dinámica o vindeiro domingo ante o CD Lugo … Continuación

O RC Celta B cae ante o Marino no desconto (0-2)

O RC Celta B caeu ese domingo ante o Marino de Luanco (0-2) nun partido dominado de principio a fin polos celestes e que se decidiu no tempo de desconto con dous goles do conxunto asturiano. Os de Jacobo Montes dispuxeron de numerosas chegadas de perigo que non lograron transformar en gol. FICHA TÉCNICA 0- … Continuación

RC Celta B – Marino: convocatoria

O adestrador do RC Celta B, Jacobo Montes, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 4 de Segunda División B ante o Marino (domingo, 12:00, Barreiro). Solís é baixa.

Programación de partidos de A Canteira

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2019/09/Partidos-CCII-130919.pdf” width=”1200″]

David Vilán e Miguel Rodríguez, convocados coa Sub-17

Profunda satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria dos canteiráns Miguel Rodríguez e David Vilán coa Selección Española Sub-17. Ambos xogadores disputarán co combinado nacional un torneo de preparación que terá lugar en Estonia. Alí enfrontaranse a Eslovenia, Portugal e Estonia entre o 20 e o 24 de setembro. Partidos Viernes 20 de … Continuación

O RC Celta B cae na súa visita Ás Rozas (3-0)

O RC Celta B sufriu este domingo unha dolorosa derrota nas Rozas (3-0) nun partido que se decantou na segunda metade, cando o equipo local anotou o seu tres goles. Os de Jacobo Montes pagaron a súa falta de contundencia nas áreas. FICHA TÉCNICA 3 - Las Rozas: Yelco, Turégano, Nogueira, Guadaño, Cruz, Albur, Toño, … Continuación

Las Rozas v RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Jacobo Montes, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 3 de Segunda División B ante Las Rozas (domingo, 12:00, Navalcarbón). A listaxe fórmana: Fran Vieites, Álvaro Fernández, Riki, Sergio Carreira, Ros, Farrando, Fontán, Pampín, Manny, Gabri, Dani Molina, Miguel Fernández, David Álvarez, Bermejo, Dani Vega, Jacobo, Apeh e … Continuación

Conclúe a III Edición do Campus Celta Experience Panamá

A Fundación Celta viaxou a cidade David (Panamá) para participar no III Campus Fundación Celta Panamá, celebrada nas instalacións do colexio San Agustín e coa colaboración do equipo de fútbol local CD Aguias de Chiriquí. A expedición -formada polos técnicos da cidade deportiva da Madroa Alejandro Andújar, Luís Carlos Salvador 'Salva', Blas Charlín e César … Continuación

O partido aprazado RC Celta B – Melilla disputarase o 18 de setembro

A RFEF anunciou este venres que o partido aprazado o pasado fin de semana entre o RC Celta B e o Melilla disputarase finalmente o vindeiro mércores 18 de setembro ás 16.00 horas en Barreiro.

Iker Losada debutou como titular coa Selección Española Sub-19

O canteirán Iker Losada debutou como titular coa Selección Española Sub-19 este venres no partido amigable ante Xapón disputado en Murcia. O futbolista celeste, que xa sabe o que é marcar co primeiro equipo vigués, mantívose no terreo de xogo até o minuto 80. O combinado nipón fíxose coa vitoria pola mínima (0-1).