O RC Celta B dáse un festín ante o Internacional (5-0)

O RC Celta B goleou este domingo ao Internacional de Madrid (5-0) nun partido importante para escalar posicións na clasificación. Ambos equipos dispuxeron de ocasións de perigo durante o primeiro tempo, pero foi despois do descanso cando os de Rubén Albés pasaron por encima do seu rival e asinaron a maior goleada da presente tempada. … Continuación

RC Celta B – Internacional: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles, entre eles os xuvenís Sergio Carreira, Obama e Jose Fontán, para o partido da xornada 33 de Segunda División B ante o Internacional de Madrid (domingo, 12:00, Barreiro). A lista fórmana Fran, Iván Villar, Pablo, Alende, Pampín, Manu Farrando, Fontán, Sergio, Álex Serrano … Continuación

Ye Zimin, do proxecto Wanda-Fundación Celta, presente coa Sub-16 china

Ye Zimin, un dos dezaseis xogadores chineses do proxecto Wanda-Fundación Celta e que adestra co Cadete A en A Madroa, pasou o último mes concentrado coa selección Sub-16 do seu país. Ademais do stage de concentración, o futbolista puido participar nun torneo amigable FIFA U16, onde tivo minutos nos tres partidos que disputou a súa … Continuación

AQUÍ TES TODA A INFORMACIÓN SOBRE O CLINIC DE SEMANA SANTA DA FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ 2019

Xa falta pouquiño para que empezo o  Clinic da Fundación Celta que se celebrará a semana que vén.  A próxima semana dará comezo a actividade para vós e a continuación detallámosvos toda a información necesaria para gozar da actividade. TODOS Os PARTICIPANTES DEBEN LEVAR Roupa e Calzado deportivo cómodo Toalla e material de aseo para dúcha Roupa … Continuación

O RC Celta, anfitrión da Copa de Campións de División de Honra Xuvenil

O RC Celta será por segunda vez na súa historia anfitrión da Copa de Campións de xuvenís, competición que durante unha semana, entre os días 5 e 11 de maio, concentra a atención do fútbol español coa exhibición dos mellores talentos da categoría. O club, que presentou a súa candidatura de xeito conxunto coa Federación … Continuación

A canteira do RC Celta brilla en España: tres xogadores na Selección Sub-16

A canteira do RC Celta terá representación nun dos torneos máis prestixiosos e esixentes do mundo en categoría Sub-16. Os cadetes Miguel Rodríguez e David Vilán forman parte da Selección Española Sub-16 que participará na 47 edición do Mondial Foorball Montaigu, que se desenvolverá na mencionada localidade francesa entre os días 16 e 22 de … Continuación

O RC Celta Xuvenil bate a marca histórica de puntos da categoría

A Madroa viviu esta mañá un fito histórico que colma de orgullo ao RC Celta e á súa Fundación. O Xuvenil de División de Honra venceu ao Real Oviedo por tres goles a cero e converteuse no equipo que máis puntos sumou na historia do Grupo I do Campionato de Liga desta categoría. O RC … Continuación

O RC Celta B cae en Valladolid nun igualado partido (1-0)

O RC Celta B caeu este sábado ante o Real Valladolid B nun disputado encontro no que ambos os equipos dispuxeron de ocasións. Tras un primeiro tempo sen ocasións, os locais adiantáronse no marcador aos poucos minutos da continuación. FICHA TÉCNICA 1 - R. Valladolid B: Guille; Raúl Navarro, Curral, Mario, Salisu, Jaime, Pedrosa (Abel, minuto … Continuación

O Xuvenil A busca pechar a tempada con marca histórica de puntos

O RC Celta Xuvenil A xoga este domingo ás 11.00 horas en A Madroa un partido crucial para facer historia no club. O conxunto dirixido por Jorge Cuesta, campión de liga hai dúas semanas, pode converterse no mellor equipo xuvenil da historia do cadro vigués. O rival será o Real Oviedo, sexto na clasificación e que … Continuación

Real Valladolid B – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores, entre eles o xuvenil Sergio Carreira, para o partido da xornada 32 de Segunda División B ante o Real Valladolid B (sábado, 17.30, Cidade Deportiva). A lista fórmana Fran, Iván Villar, Alende, Pampín, Manu Farrando, Sergio, Álex Serrano, Jacobo, Robert Costa, Ros, Pastrana, Rai, Solís, … Continuación