Rápido de Bouzas – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 24 de Segunda División B ante o Rápido de Bouzas (domingo, 16:30, Baltasar Pujales). A lista fórmana Fran, Iván Villar, Alende, Manu Farrando, Pampín, Aarón, Robert Costa, Ros, Pastrana, Rai, Álex Serrano, Dani Molina, Ibán Salvador, Solís, Dani Vega, … Continuación

Iker Losada, titular e goleador coa Sub-18 na Copa do Atlántico

Iker Losada, canteirán do RC Celta, xogou onte como titular coa Selección Española Sub-18 na prestixiosa XLV Copa do Atlántico. Ademais, o xuvenil celeste estreouse como goleador co combinado nacional cunha precisa vaselina na vitoria fronte a un combinado de Illas Canarias (7-1). Losada, habitual coa Sub-16 española, fixo o seu debut coa Sub-18 este martes … Continuación

Un valente RC Celta B empata ante o Coruxo FC (2-2)

RC Celta B e Coruxo asinaron un gran partido en Barreiro (2-2). Ambos equipos mostraron as súas intencións desde o asubío inicial e fóronse en busca do gol. Os de Rubén Albés conseguiron neutralizar en dúas ocasións o tanto dos visitantes e a punto estiveron de levar os tres puntos no tramo final. FICHA TÉCNICA … Continuación

O RC Celta B reforza o seu ataque con Adrián Mancebo

O RC Celta B reforza o seu ataque coa chegada de Adrián Mancebo. O extremo madrileño chega cedido ata final de tempada con opción de compra desde a Cultura e Deportiva Leonesa. Mancebo (Madrid, 21/03/1996) é un extremo zurdo que tamén pode actuar de centrocampista ofensivo e que se formou nas canteiras do Real Madrid … Continuación

O prometedor dianteiro Salomón Obama únese á canteira celeste

O prometedor atacante Salomón Obama, de 18 anos de idade, únese ás categorías inferiores do RC Celta procedente do Atlético de Madrid. O dianteiro asina co conxunto celeste para as próximas catro tempadas e media e dada a súa xuventude estará dispoñible tanto para o Celta B como para o Xuvenil de División de Honor. … Continuación

Dennis Eckert, cedido ao SBV Excelsior da Eredivisie

Dennís Eckert xogará cedido ata final de tempada no SBV Excelsior tras o acordo alcanzado entre o RC Celta e o conxunto holandés. O RC Celta desexa a Eckert toda a fortuna e o maior dos éxitos durante a súa etapa no equipo da Eredivisie.

Iker Losada, convocado coa Sub-18 para a Copa do Atlántico

Gran alegría e satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do canteirán Iker Losada coa Selección Española Sub-18 para disputar a XLV Copa do Atlántico. O prestixioso torneo internacional disputarase do 4 ao 9 de febreiro en Las Palmas de Gran Canaria. Losada súmase desta maneira a David Vilán e Miguel Rodríguez, que este … Continuación

O RC Celta B consegue un meritorio empate ante a UD Sanse (1-1)

O RC Celta B conseguiu este domingo un meritorio empate a domicilio ante a UD Sanse (1-1). O equipo dirixido por Rubén Albés adiantouse no marcador tras un saque de esquina no minuto 14 e os locais empataron o encontro no tramo final. FICHA TÉCNICA 1 - UD Sanse: Irureta; Rubén Valverde (Galindo, min.77), Zazo, … Continuación

UD Sanse – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 17 xogadores dispoñibles, entre eles o xuvenil Losada, para o partido da xornada 22 de Segunda División B ante a UD Sanse (domingo, 12:00, Estadio Municipal Matapiñonera). A listaxe fórmana Fran, Iván Villar, Pablo, Alende, Manu Farrando, Pampín, Robert Costa, Ros, Pastrana, Losada, Rai, Dani Molina … Continuación

Os canteiráns César e Robert participarán no Torneo Pinatar Area coa Sub-15

Profunda ledicia no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do porteiro César Fernández e o centrocampista Robert Carril coa Selección Española Sub-15 para o prestixioso Torneo Pinatar Area que se disputará en San Pedro del Pinatar (Murcia), do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro. Ambos futbolistas, que pertencen ao RC Celta Cadete A, xa … Continuación