David Vilán e Miguel Rodríguez, convocados coa Sub-16 para a Copa AEGEAN

Profunda ledicia na Fundación e o RC Celta pola convocatoria dos canteiráns David Vilán e Miguel Rodríguez coa Selección Sub-16 para a Copa AEGEAN, un prestixioso torneo internacional que se disputará a próxima semana en Turquía. O combinado español está encadrado no Grupo B, medirase a Rusia, Albania e Macedonia. 14.01.19 12.00 h.  España / Albania Altinordu Ismet Orhunbilge 15.01.19 … Continuación

O RC Celta B cae no seu partido ante o Salamanca CF UDS (3-1)

O RC Celta B caeu este domingo no Helmántico ante o Salamanca CF UDS (3-1) no último partido da primeira volta en Segunda B. Os de Rubén Albés dispuxeron de ocasións durante todo o encontro, pero a mala fortuna decantou o choque en favor dos locais. O gol do filial celeste anotouno Sergio Bermejo, que debutaba … Continuación

Salamanca CF UDS-RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 17 xogadores, entre eles os xuvenís Jose e Sergio, para o partido da xornada 19 de Segunda División B ante o Salamanca CF UDS (domingo, 18:30, Helmántico). A lista fórmana Jero, Iván Villar, Alende, Jacobo, Pampín, Robert Costa, Fontán, Ros, Sergio, Pastrana, Dani Molina, Álex Serrano, … Continuación

Din Alomerovic desvincúlase do RC Celta

O lateral macedonio Din Alomerovic desvinculouse do RC Celta B despois dun ano xogando no filial, ao que chegou procedente do Fuenlabrada tras ser internacional sub-18, sub-19 e sub-20 no seu país. O club agradécelle a súa entrega e profesionalidade e deséxalle o maior dos éxitos no futuro.

Éxito de participación na Copa Celta 2019 de Campeche

Celta Campeche, a primeira escola de fútbol do RC Celta en México, xa ten todo preparado para acoller a terceira edición da Copa Celta, unha competición de fútbol base que xa é unha das máis prestixiosas no país mexicano. O torneo disputarase do 4 a 7 de xaneiro nas instalacións do Campeche Country Club. En total … Continuación

O RC Celta B cae pola mínima ante o Burgos (0-1)

Un temperán gol do Burgos provocou a derrota do RC Celta B este sábado en Barreiro. O equipo dirixido por Rubén Albés tento igualar o encontro por todos os medios, pero o conxunto visitante defendeu a súa vantaxe ata o asubío final. FICHA TÉCNICA 0-RC Celta B: Iván Villar; Manu, Ros, Alende, Fontán (Pampín, min.46), … Continuación

RC Celta B-Burgos: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles, entre eles o xuvenil Jose, para o partido da xornada 18 de Segunda División B ante o Burgos (sábado, 12:00, Barreiro). A lista fórmana Jero, Iván Villar, Fran, Alende, Pampín, Robert Costa, Fontán, Ros, Manu, Riki, Alomerovic, Rai (dúbida), Pastrana, Dani Molina, … Continuación

Ponferradina-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores, entre eles os xuvenís Losada e Jose, para o partido da xornada 17 de Segunda División B ante a Ponferradina (sábado, 18:00, O Toralín). A lista fórmana Jero, Iván Villar, Alende, Pampín, Fontán, Ros, Manu, Riki, Losada, Rai, Pastrana, Dani Molina, Álex Serrano, Ibán … Continuación

Emmanuel Apeh regresa a unha convocatoria do Celta B

Moi boas noticias no Celta B. O xoven dianteiro nixeriano Emmanuel Apeh regresa a unha convocatoria do filial tres meses despois do seu último partido. O punta tan só puido disputar cos celestes os catro primeiros encontros de Segunda B, onde anotou tres goles. Apeh realizou parte da pretemporada co primeiro equipo

O Celta B dobrega ao Fuenlabrada en Barreiro (1-0)

O Celta B sobrepúxose ás numerosas baixas e venceu ao Fuenlabrada, líder da categoría, en Barreiro (1-0). O equipo dirixido por Rubén Albés anotou o seu único gol aos poucos minutos de comezar o encontro. O filial celeste demostrou a súa solvencia defensiva e apenas concedeu ocasións aos madrileños. FICHA TÉCNICA 1-RC Celta B: Iván … Continuación