Celta B – Fuenlabrada: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores, entre eles os xuvenís Losada, Sergio e José, para o importante partido da xornada 16 de Segunda División B ante o CF Fuenlabrada (domingo, 12:00, Barreiro). La lista fórmana Jero, Iván Villar, Alende, José Fontán, Alomerovic, Ros, Manu, Losada, Sergio, Rai Marchán, Pastrana, Dani … Continuación

O canteirán David Vilán repite nunha convocatoria coa Sub-16

Enorme e profunda ledicia no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do cadete David Vilán coa Selección Española Sub-16 para uns adestramentos oficiais que se celebrarán entre os días 10 e 12 de decembro na Cidade do Fútbol de Las Rozas. O canteirán celeste repite concentración por terceira vez no que vai de tempada tras ser … Continuación

O Celta B consegue un meritorio empate ante o Unión Adarve

O Celta B conseguiu este domingo un meritorio empate (0-0) a domicilio ante o Unión Adarve nun encontro ao que acudiu con sete baixas. O partido estivo marcado pola igualdade entre ambos equipos e onde os celestes tiveron a súa mellor ocasión nas botas de Álex Serrano. O adestrador do Celta B, Rubén Albés, fixo … Continuación

Unión Adarve-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 17 xogadores, entre eles os xuvenís Losada, Sergio, Jose e Barcia, para o encontro da xornada 15 de Segunda División B ante a Unión Adarve (domingo, 12:00, García de la Mata). A listaxe fórmana  Jero, Iván Villar, Alende, Fontán, Alomerovic, Ros, Manu, Barcia, Losada, Sergio, Pastrana, … Continuación

Os canteiráns César e Robert participarán no Torneo Sportchain coa Sub-15

Enorme ledicia na Fundación e no RC Celta pola convocatoria do porteiro César Fernández e o centrocampista Robert Carril coa Selección Sub-15 para o Torneo Sportchain AGS CUP U-15 que se celebrará en La Marina Baixa (Alicante), do 2 ao 9 de decembro. Ambos canteiráns, que acumulan dúas chamadas co combinado nacional, estiveron concentrados na Cidade do … Continuación

A madeira evita a reacción celeste ante o Internacional (2-0)

O Celta B caeu derrotado este domingo no campo do Internacional de Madrid (2-0) nun choque intenso de principio a fin e no que os celestes tiveron ocasións para, polo menos, puntuar ante o conxunto madrileño. Os de Albés atopáronse coa madeira até dúas veces, mentres que o rival estivo máis acertado e terminou levándose … Continuación

Internacional – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou aos xogadores dispoñibles para o partido da decimocuarta xornada de 2ªB, na que os celestes visitan ao Internacional de Madrid no Polideportivo Municipal de Boadilla (domingo, 12:00). A listaxe fórmana Jero, Iván Villar, Farrando, Alende, Fontán, Alomerovic, Ros, Sergio, Rai, Pastrana, Dani Molina, Álex Serrano, Solís, Dani … Continuación

Xapón empápase do modelo de xogo do RC Celta

O método deo RC Celta no traballo da súa canteira traspasa fronteiras e chega de novo ata Xapón. O coordinador das categorías inferiores do clube, Álex Otero, e o responsable da metodoloxía do RC Celta, Eduardo Covelo, están esta semana no país asiático impartindo charlas e dirixindo adestramentos co JEF United, equipo da segunda división xaponesa co … Continuación

Os canteiráns César e Robert, convocados de novo coa Sub-15

Enorme ledicia na Fundación e no RC Celta pola segunda convocatoria do porteiro César Fernández e do centrocampista Robert Carril coa Selección Sub-15 para os adestramentos oficiais que se celebrarán do 26 ao 28 de novembro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas. A chamada do combinado nacional recompensa o esforzo e o traballo que Fundación … Continuación

O adestrador Miguel Cardoso asistiu ao partido do Celta B en Barreiro

O novo adestrador celeste, que na súa primeira semana xa contou con algúns xogadores de categorías inferiores nos seus adestramentos, demostrou unha vez máis a súa inquietude por coñecer a canteira celeste. Miguel Cardoso e o seu corpo técnico asistiron este domingo ao Campo de Barreiro para presenciar o partido do filial céltico ante o … Continuación