O centrocampista Martín Fuentes desvincúlase do filial celeste

O centrocampista Martín Fuentes non continúa no filial do RC Celta tras desvincularse da entidade celeste. O club quere expresarlle ao xogador o seu sinceiro agradecemento polo seu comportamento, entrega e profesionalidade durante a súa etapa nas categorías inferiores e desexarlle un gran éxito nos seus novos retos deportivos.

Rubén Albés liderará o filial unha tempada máis: renovación ata 2019

O RC Celta aposta pola mocidade e o talento autóctono, tamén nos bancos. O técnico vigués Rubén Albés seguirá dirixindo ao Celta B a próxima tempada tras renovar co club celeste ata xuño de 2019. Xunto a el seguirá como segundo adestrador Toni Madrigal, quen chegou a Vigo con Albés o pasado verán e que … Continuación

Un gol temperán condena ao Celta B en Guijuelo (1-0)

Un gol de Ayala nos primeiros minutos do partido en Guijuelo inclinou a balanza a favor dos locais. Tras un arranque titubeante, no que se viron excedidos polo seu rival, o Celta B tomou o mando transcorridos quince minutos de xogo e non o cedeu ata o asubío final. Os celestes buscaron o gol con … Continuación

Kevin, capitán do Celta B, será baixa dous meses

Kevin Vázquez, capitán do Celta B, foi intervido este xoves pola lesión que sufriu no quinto metatarsiano do seu pé esquerdo durante o derbi ante o Fabril o pasado 25 de novembro. O futbolista celeste estará uns dous meses de baixa médica. O RC Celta desexa a Kevin unha pronta e total recuperación.

Celta B-Navalcarnero: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 18 de Segunda División B ante o CDA Navalcarnero (domingo, 15:45, Barreiro). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Martín, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández e Dennis. Son baixas por lesión … Continuación

Excesivo castigo para o Celta B en Talavera (3-0)

O filial celeste caeu derrotado no campo do Talavera nun partido que comezou cun pulo celeste que se foi diluíndo co avance do cronómetro. O cadro local adiantouse antes do descanso e tras a continuación aumentou a súa vantaxe no marcador. O Celta B tentou recortar distancias con máis arroxo que efectividade, pero a expulsión … Continuación

Talavera-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 17 de Segunda División B ante o CF Talavera (domingo, 17:00, El Prado). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández, Adrián e Dennis. Son baixas por … Continuación

ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA INVASIÓN CELESTE – LA FE SEGUROS!

O 8 de decembro terá lugar a cuarta edición da carreira popular ‘Invasión Celeste – La Fe Seguros’. Tras o enorme éxito cultivado o pasado ano, cando máis de 1700 participantes de todas as idades déronse cita no estadio de Balaídos, a Fundación Celta de Vigo prepara esta nova edición infestada de interesantes novidades e … Continuación

Tres canteiráns celestes avanzan na selección de Fútbol Draft 2017

O Comité Técnico de Fútbol Draft, iniciativa que recoñece aos mellores xogadores de entre 16 e 20 anos formados no fútbol español, reuniuse este luns na Cidade do Fútbol de Las Rozas para realizar o terceiro corte tras seleccionar a 132 novos talentos o pasado mes de xuño. Os canteiráns celestes Iván Villar, Diego Alende … Continuación

Intenso e sen goles: o Celta mereceu máis na versión B do clásico galego

Intenso choque o vivido en Barreiro entre Celta B e Deportivo Fabril, o clásico galego na súa versión de filiais. O cadro celeste foi superior nun partido eléctrico, de ida e volta, no que as ocasións foron máis e mellores ao lado vigués, algunhas delas tan claras que provocaron berros afogados de gol na bancada. … Continuación