Pampín, a cuartos do Mundial coa Sub-17

A Selección Española Sub-17 xogará os cuartos de final do Mundial da India tras derrotar a Francia por 1-2. O combinado español, entre cuxos convocados atópase o canteirán celeste Diego Pampín, protagonizaron unha antolóxica remontada, culminada no último minuto cun tanto desde o punto de penalti. O futbolista céltico non gozou de minutos neste encontro … Continuación

A Sub-19 convoca ao canteirán Riki Mangana

Riki Mangana (Caracas, 1999), lateral do Celta B, entra na nómina de canteiráns celestes internacionais coa súa primeira convocatoria coa Selección Española Sub-19. O seleccionador Luís de la Fuente deu a coñecer este martes a lista de 22 futbolistas cos que adestrará durante tres días na Cidade Deportiva de Las Rozas a partir do luns … Continuación

Primeira derrota da tempada para o Celta B

Tras oito xornadas invicto chegou a primeira derrota para o Celta B. Os celetes víronse superados este domingo polo Fuenlabrada no campo Fernando Torres, onde caeron 2-0. O primeiro tanto chegou no primeiro tempo tras un erro defensivo e o segundo co tempo regulamentario xa cumprido. O filial céltico recibe ao UD Sanse o vindeiro … Continuación

O Celta, tricampión no torneo Tri-Series da Aspire Academy

 

Robert Costa, intervido por un traumatismo facial

Robert Costa, futbolista do Celta B, foi intervido cirurxicamente este martes no Hospital Vithas Fátima por unha fractura do chan da órbita do ollo dereito e das paredes do seo maxilar superior dereito. O xogador sufriu unha cotenada nun salto cun rival durante a disputa do partido Celta B-Toledo do pasado domingo. Os servizos médicos … Continuación

O Celta, no Aspire Academy Global Summit xunto ás principais canteiras do planeta

O RC Celta volve participar por segundo ano consecutivo no Aspire Academy Global Summit, un importante congreso que reúne a expertos do mundo do deporte, a ciencia e a representantes das principais canteiras do planeta para debater e compartir coñecementos sobre metodoloxía do fútbol (Football Performance and Science). O director da canteira celeste, Carlos Hugo … Continuación

Programación da canteira

 

Resultados da canteira

 

CRÓNICA | O Celta B lévase un apaixoante derbi vigués ante o Rápido (2-1)

  O Celta B continúa marabillando no seu arranque de tempada. O equipo adestrado polo vigués Rubén Albés continúa invicto tras seis xornadas do campionato de 2ªB, un dato extraordinario que se suma á excelente imaxe que os celestes están a ofrecer en cada partido. O cadro céltico viviu ante o Rápido un duelo intenso … Continuación

O canteirán Diego Pampín, ao Mundial Sub-17 da India

  Diego Pampín continúa alcanzo novas cotas na súa incipiente carreira profesional. O canteirán celeste consolidouse como un fixo da Selección Española Sub-17, cuxo seleccionador incluíu ao galego na lista de futbolistas que participarán na Copa Mundial da categoría que se xoga entre o 2 e o 28 de outubro na India.   Pampín concentrarase … Continuación