X2. Gimnástica Segoviana-Celta B: listaxe de convocados

  O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 2 de Segunda División B ante a Gimnástica Segoviana (sábado 26 de agosto, 20:00, La Albuera).   A listaxe fórmana Jero, Sotres, Ros, Molina, Aarón, Alende, Pastrana, Costa, Riki, Pampín, Drazic, Kevin, Solís, Dennis, Rai, Juan, Agus e Martín. … Continuación

O xogador do filial Borja Peña desvincúlase do RC Celta

  Borja Peña, futbolista do Celta B, non continuará no RC Celta tras desvincularse do club vigués. O RC Celta agradece ao futbolista a súa profesionalidade e deséxalle o maior dos éxitos na súa próxima etapa deportiva no CD Sariñena de Terceira División.

O Celta regresa ao Torneo Internacional de Gyeongju en Corea do Sur

  O Celta Infantil B puxo rumbo a Corea do Sur este mércores para disputar o Torneo Internacional de Gyeongju, unha prestixiosa competición na que o RC Celta xa suma catro participacións. O equipo vigués iniciou a súa viaxe desde o Aeroporto de Peinador, ata onde se achegou o presidente Carlos Mouriño para despedirse da … Continuación

Os técnicos da canteira amplían a súa formación co III Curso Denominación de Orixe Celta

  A Madroa acolle desde o pasado xoves a terceira edición do Curso Denominación de Orixe Celta, unha actividade destinada aos técnicos da canteira céltica co obxectivo de continuar ampliando e fortalecendo os seus coñecementos.   Profesionais do RC Celta como Carlos Hugo García, Juan Carlos Unzué, Rubén Albés, Míchel Martínez ou Eduardo Covelo entre … Continuación

O canteirán Brais Méndez será celeste ata 2021

  O RC Celta selou a continuidade dun canteirán cunha enorme proxección, o centrocampista Brais Méndez, quen renovou ata o ano 2021. O interior internacional, quen realizou a pretempada co primeiro equipo, acababa contrato no 2019 e deste xeito amplía o seu vinculación co club celeste outras dúas tempadas.   Brais (Mos, 7 de xaneiro … Continuación

Traballado triunfo do filial ante o Pontevedra no inicio da 2ªB (2-1)

  O filial do RC Celta iniciou o seu camiño nunha nova campaña de Segunda B cun traballado triunfo ante o Pontevedra. Os celestes abriron a lata nada máis comezar o partido cun fermoso e acrobático gol de Dejan Drazic. A superioridade viguesa foi de máis a menos e o conxunto granate apertou sen tregua. … Continuación

O filial inicia a liga en Barreiro o domingo ás 12:00

  O Celta B inicia a competición ligueira cun derbi galego ante o Pontevedra CF. Os celestes debutan na tempada 2017/18 o domingo 20 de agosto ás 12:00 no Municipal de Barreiro. Como é habitual, os abonados con carné en vigor poden acceder ao campo sen custo algún.

O Celta B pecha a pretempada cunha remontada ante o Felgueiras

  O Celta B disputou o seu décimo e último partido de preparación este domingo no campo do FC Felgueiras. O cadro portugués adiantouse no marcador, un tanto que igualou Brais Méndez antes do descanso. Na segunda parte o Felgueiras volveu adiantarse no marcador, pero os celestes volveron reaccionar, primeiro empatando o 2-2 cun gol … Continuación

Álex Rey xogará cedido unha tempada no Somozas

  O canteirán celeste Álex Rey xogará 1 tempada cedido na UD Somozas de Terceira División tras o acordo alcanzado entre o club coruñés e o RC Celta. Rey estaba a realizar a pretempada co Celta B tras finalizar a súa etapa de xuvenil. O RC Celta deséxalle o maior dos éxitos nesta nova etapa … Continuación

O Celta B cae pola mínima na primeira derrota da pretempada

  O Celta B sufriu a primeira derrota da pretemporada este domingo no I Trofeo Alfredo Rei, celebrado na localidade lucense de Taboada. O CD Lugo adiantouse aos dous minutos de xogo e foi superior durante o primeiro tempo. Tras a continuación as forzas niveláronse e o filial celeste puxo en verdadeiros aprietos a un … Continuación