O Celta B segue afinando a súa preparación e empata en Barreiro ante Angola

  O Celta sumou un novo empate no seu segundo partido de pretemporada, disputado este martes no campo de Barreiro ante a Selección de Angola (0-0). Os pupilos do vigués Rubén Albés referendaron as boas sensacións ofrecidas a semana pasada ante o Leixoes (1-1) e continúan perfilando a súa posta a punto para a nova … Continuación

O Celta B mídese á Selección de Angola tras empatar ante o Leixões no primeiro partido da pretempada

  Rubén Albés debutou no banco do Celta B cultivando un empate a uns e ofrecendo unha excelente imaxe no campo do Leixões. Os portugueses adiantáronse no marcador no primeiro tempo dun choque que supuña a presentación oficial do equipo luso ante a súa afección.   Ao pouco de iniciarse o segundo tempo, Adri Rodríguez … Continuación

Jero, xuventude e experiencia para a portería do Celta B

  O RC Celta pechou a incorporación do porteiro Jerónimo Lario para o equipo filial. O novo gardameta celeste, que asina por dúas tempadas con opción a outras dúas, chega a Vigo tras xogar a tempada pasada no FC Jumilla.   Jero (Murcia, 1995) é un porteiro en liña ascendente que acaba de asinar unha … Continuación

Unha pretempada chea de fútbol: o Celta B xogará dez amigables

  O Celta B vivirá unha pretemporada chea de fútbol coa disputa de ata dez partidos amigables, oito deles xa confirmados. Leixoes, Selección de Angola, Iberos FC, CyD Leonesa, Mondariz FC, Areas FC, Asfar Rabat e FC Felgueiras son os primeiros rivais definidos.   Tan só cinco días despois do regreso ao traballo, o equipo … Continuación

Comezan os campus da Fundación Celta en Serbia

Tras o éxito da primeira edición celebrada o pasado mes de febreiro, a Fundación Celta puxo en marcha un novo campus de verán na cidade serbia de Veliko Gradiste. O campus se inció onte luns e estenderase ao longo da presente semana e contará de novo coa presenza do ex xogador celeste e actual membro … Continuación

Unha pretempada marcada pola presenza de canteiráns

  O RC Celta iniciou esta semana unha pretempada marcada polo elevado número de xogadores da canteira presentes. Aos xa habituais do primeiro equipo súmanse catro novos valores das categorías inferiores: Diego Pampín, Iván Villar, Brais Méndez e Diego Alende.   Os catro canteiráns celestes, xunto a Pepe Cheikh, forman parte da selección 2017 de … Continuación

O Celta B xa se exercita ás ordes do vigués Rubén Albés

  Do mesmo xeito que o primeiro equipo, o Celta B iniciou o traballo de pretempada este luns na Madroa coa primeira sesión de adestramento dirixida polo vigués Rubén Albés, novo técnico do filial.   O segundo equipo celeste volveu aos adestramentos con varias caras novas. O porteiro Dani Sotres, o centrocampista Rai Marchán e … Continuación

Rai Marchán reforza a medular do filial

  O Celta B continúa incorporando xogadores de calidade e experiencia que arroupen e impulsen aos máis novos do equipo. Tras as contratacións de Dani Sotres, Dennis Eckert e Víctor Pastrana, o centrocampista Rai Marchán convértese na cuarta fichaxe para a tempada 2017/18. O futbolista catalán, que chega do Valladolid B, firma por dúas campañas … Continuación

O porteiro internacional Dani Sotres incorpórase ao Celta B

O filial celeste continúa perfilando o seu persoal para a tempada 2017/18 cunha nova incorporación, nesta ocasión para reforzar a portaría. O gardameta Dani Sotres (Santiago de Cudeyo, Cantabria, 1993), procedente do Atlético Levante UD, convértese en novo xogador do Celta B para a próxima tempada con opción a outras tres.   Sotres é un … Continuación

O canteirán Diego Alende renova co RC Celta

  O RC Celta selou a continuidade do central do filial Diego Alende, quen se compromete co club vigués por dúas tempadas con outras dous opcionais.   Diego Alende (Santiago, 1997) ascendeu en 2015 de xuvenís ao Celta B, co que acaba de asinar un espléndido ano culminado coa disputa da fase de ascenso a … Continuación