O RC Celta triunfa un ano máis na Vigo Cup

  O Celta coroouse campión por partida dobre na Vigo Cup 2017, revalidando os títulos conseguidos na pasada edición. Os tres equipos celestes participantes alcanzaron a final, cos dous conxuntos benxamines do Celta medíndose polo título. O Alevín A superou na final ao Colexio Hoar por 3-1, mentres que o Celta Benxamín A derrotou ao … Continuación

O lateral zurdo Samu xogará cedido no Barcelona B

 

Os canteiráns Iván Villar, Samu, Alende e Brais realizarán a pretempada co primeiro equipo

  Felipe Miñambres, director deportivo do RC Celta, confirmou este venres tras a presentación de Jozabed que os futbolistas do filial Iván Villar (porteiro), Samu (lateral zurdo), Alende (central) e Brais Méndez (centrocampista) poranse a partir do próximo luns ás ordes do técnico Juan Carlos Unzué para comezar a pretemporada co primeiro equipo.   A … Continuación

O extremo Juan Hernández renova e seguirá no Celta B

  Juan Hernández (Lorca, 1994, terceiro máximo goleador do Celta B a pasada campaña con 9 goles, renovou o seu contrato co RC Celta por unha tempada con opción a tres máis. A esta renovación dun dos futbolistas que mellor rendemento ofreceu no filial a última tempada, únense as recentes incorporacións doutros dous atacantes: Víctor … Continuación

Víctor Pastrana e Dennis Eckert, novas incorporacións do Celta B

  O Celta B suma ás súas filas a dous xogadores de gran experiencia, a pesar da súa mocidade, que reforzan a liña de ataque do filial. Víctor Pastrana, extremo esquerdo, e Dennis Eckert, dianteiro centro, asinan por dúas tempadas con opción a outras dúas. Con estas dúas prometedoras incorporacións, o Celta B continúa definindo … Continuación

A Vigo Cup comeza este luns con tres equipos do Celta entre os participantes

A Vigo Cup, o xa tradicional torneo estival vigués de categorías inferiores, arrincou este luns con tres equipos do RC Celta entre os seus participantes: Alevín A (Sub-12), Benjamín A (Sub-10) e Benjamín B (Sub-10). Os celestes bucarán revalidar os títulos Sub-12 e Sub-10 que se adxudicaron na edición do ano pasado.   Para iso, … Continuación

O Infantil A gaña o Footvia International Tournament sen coñecer a derrota

O Celta Infantil A proclamouse este sábado en Barcelona campión do Footvia International Tournament. Fíxoo ademais colleitando uns resultados impresionantes. O equipo adestrado por Álex Otero levantou o trofeo de gañador tras asinar un pleno de vitorias tanto na fase de grupos como en cuartos, semifinal e final, acumular 47 goles a favor e encaixar … Continuación

A Madroa acollerá a tres novos futbolistas do Reality Show ‘The Victorious’

    No día de hoxe chegaron a Vigo dous do tres concursantes gañadores do programa de televisión de Dubai ‘The Victorious’ para adestrar durante un ano en xunto ás categorías inferiores do RC Celta na Madroa. Ayoub Atib, marroquí de 18 anos e Ahmad El Yamani, palestino de 17 adestrarán durante o próximas tres … Continuación

Valiosa vantaxe do RC Celta Xuvenil ante o Atlético na ida dos cuartos de final de Copa (1-0)

O RC Celta Xuvenil obtivo unha valiosa vantaxe no partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei. Os celestes superaron por un gol a cero, un precioso tanto de Sobrido na segunda metade, ao Atlético de Madrid nun partido intenso no que os célticos dispuxeron de boas ocasións para gozar dunha maior … Continuación