Unknown
Celtismo

Á venda as entradas para o concerto de Alejandro Sanz en Abanca Balaídos

RC Celta

Unknown

Alejandro Sanz regresa a Vigo o vindeiro 3 de xullo de 2027 para ofrecer un concerto no estadio Abanca Balaídosdentro da súa xira ¿Y Ahora Qué+?. Será a única actuación do artista en Galicia nesta nova etapa do tour, que percorrerá doce cidades españolas durante os meses de xuño e xullo.

A cita terá ademais un compoñente especial para o público vigués. Alejandro Sanz xa actuou no estadio de Balaídos en 2001, no que foi o seu primeiro concerto en Vigo. Máis de 25 anos despois, o músico madrileño volverá ao mesmo escenario para reencontrarse cos seus seguidores galegos no primeiro gran concerto de 2027 en Vigo. O seu regreso a España chega despois dunha xira internacional que sumou 76 concertos e 69 sold outs, cunha excelente resposta do público nos distintos territorios polos que pasou.

Con esta cita, o estadio do Real Club Celta recupera o seu papel como escenario musical despois de acoller a Guns N’ Roses en 2023. Unha ocasión para gozar dun dos espazos máis emblemáticos de Vigo máis alá do fútbol.

Este anuncio coincide cun novo recoñecemento para o artista. Alejandro Sanz vén de recibir o Latin Grammy 2026 a Mellor Álbum Pop Contemporáneo por ¿Y Ahora Qué +?, un traballo que xa suma tres galardóns nas dúas últimas edicións destes premios. Con este recoñecemento, o músico alcanza os 25 Latin Grammy e catro Grammy estadounidenses, consolidando unha traxectoria que o sitúa entre as figuras máis recoñecidas da música en español.

ENTRADAS Á VENDA

As entradas para o concerto de Alejandro Sanz en Vigo xa están dispoñibles a través das seguintes canles:

● Web oficial do artista: www.alejandrosanz.com/home

● El Corte Inglés: venda presencial nos seus centros comerciais e en liña en www.elcorteingles.es

● Entradas.com: venda exclusivamente en liña en www.entradas.com

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas