ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

A historia do RC Celta, nun espectacular vídeo da exitosa plataforma Academia Play, a máis seguida en YouTube en España

RC Celta

 

O Canle Academia Play, unha singular e exitosa plataforma de entretemento e aprendizaxe, estreou este xoves, xusto a seis meses para a celebración do Centenario do RC Celta, un apaixonante e espectacular vídeo que relata co seu peculiar estilo os acontecementos máis relevantes dos 100 anos de vida do club.

Este vistoso e dinámico percorrido a través do século de existencia do RC Celta pódese xa gozar na canle de YouTube de Academia Play, que ten máis de tres millóns de subscritores, cifra sen igual en España.

Este encomiable traballo visual, supón, por tanto, un notable impulso a nivel global para o Centenario do RC Celta, xa moi presente nas rúas da cidade de Vigo.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario

Noticias recomendadas