
La Real Federación Española de Fútbol decidiu suspender todos os partidos previstos para este martes, entre eles o encontro correspondente á terceira rolda da Copa da Raíña entre As Celtas e o RCD Espanyol femení, que ía disputarse esta tarde na Madroa.
A decisión tomouse en sinal de respecto e solidariedade tras o falecemento de Jesús de Miguel, xogador do CD Tenerife. Unha noticia que golpeou ao fútbol español e ante la que o Celta quere trasladar as súas condolencias a familiares, amigos e a toda a afección branquiazul.
A nova data prevista pola RFEF será anunciada nas próximas horas.