Lara
As Celtas

Lara Martínez recibe a alta médica e pon fin a 586 días de espera

RC Celta

A capitá de As Celtas volve estar dispoñible para competir tras superar unha grave lesión de xeonllo que a mantivo afastada dos terreos de xogo desde marzo de 2025. Lara Martínez recibiu a alta médica despois de 586 días de baixa, poñendo así fin a un longo proceso de recuperación que comezou cando sufriu a rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo durante un encontro de liga ante o Sárdoma CF.

A centrocampista viguesa levaba xa un tempo incorporándose progresivamente á dinámica de traballo do grupo e, coa alta médica, poderá retomar plenamente a actividade xunto ás súas compañeiras. O seu regreso supón unha magnífica noticia para As Celtas, que recupera a unha futbolista de referencia e suma novas alternativas para reforzar a medular, tanto na creación como na competitividade.

Dezanove meses despois, péchase así unha etapa especialmente difícil para Lara que poderá volver desfrutar sobre os terreos de xogo logo de moito esforzo e sacrificio.

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas