CELESTE-SOLIDARIO_16_9
Celtismo

Arrinca a campaña “Celeste Solidario” para axudar aos nenos afectados pola DANA

RC Celta

A Fundación Celta dá inicio esta semana a “Celeste Solidario”, unha campaña solidaria que terá como obxectivo levar esperanza e alegría durante este nadal aos nenos afectados pola DANA. Do 25 de novembro ao 18 de decembro, o RC Celta, en colaboración cos Bombeiros de Vigo, recollerá xoguetes novos para as familias máis necesitadas nas zonas afectadas.

Onde podes colaborar?

Nas tendas oficiais do RC Celta, tanto en A Sede de Príncipe como en Abanca Balaídos, durante o seu horario comercial.
No Pavillón de Navia os días de partido do Celta Baloncesto, o 4 e o 15 de decembro.

O club confía en que, unha vez máis, o celtismo envorcarase con esta acción e levarán moitos xoguetes á Comunidade Valenciana durante estas datas tan sinaladas.

Unidos faremos a diferenza!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas