ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

As tendas do RC Celta poñen xa á venda as camisetas do primeiro e segundo equipamento

RC Celta

As tendas oficiais do RC Celta, tanto a situada en A Sede, na Rúa do Príncipe, como a dos baixos do estadio de Abanca Balaídos e a tenda online (AQUÍ), puxeron xa á venda as camisetas do primeiro  e segundo equipamento do RC Celta para a tempada 2022/2023.

A afección celeste ten a súa disposición por tanto as camisetas de ambos equipamentos, que tiveron unha gran aceptación desde que se mostraron os deseños. Nas tendas hai de momento só tallas para adultos, pero nos próximos días o club espera poder ofrecer xa o resto de equipamentos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas