
Chega o momento de facer as maletas para vivir unha das citas máis esperadas da tempada. Xa está aberta a pre-reserva de entradas para a Xornada 15, na que o Celta viaxará ao Camp Nou para medirse ao FC Barcelona. O encontro disputarase o próximo 5 de decembro, ás 21:00h., e as localidades terán un prezo único de 30 €.
A continuación, explicamos detalladamente como realizar o proceso e cales son os pasos que se deben seguir desde o Portal do Celtista:
-
Pre-reserva e asignación
Para optar a unha entrada é necesario realizar unha inscrición no Portal do Celtista e efectuar un pagamento de pre-reserva (5 euros), co obxectivo de que as solicitudes sexan en firme. Este importe será devolto no caso de non resultar seleccionado/a.
Este pagamento non garante automaticamente a entrada, senón que permite participar no proceso de asignación, que se rexerá polos seguintes criterios:
-
75 % das entradas asignaranse segundo a antigüidade: terase en conta a media de antigüidade no caso dos grupos e a antigüidade individual nas solicitudes persoais.
-
25 % das entradas asignaranse mediante un sorteo entre os solicitantes restantes.
Unha vez finalizado o proceso de asignación, todos os inscritos recibirán un correo electrónico informando do resultado da súa solicitude.
-
Pagamento final para as persoas seleccionadas
Os celtistas que resulten seleccionados recibirán un correo de confirmación o luns 23 de novembro coas instrucións para completar a compra, abonando a diferenza respecto da pre-reserva realizada.
Para formalizar a compra, deberán seguir estes pasos:
-
Acceder ao Portal do Celtista e dirixirse ao apartado «Entradas Visitante».
-
Completar o pagamento nun prazo máximo de 24 horas desde a recepción do correo.
-
Recibirán a confirmación da compra e a información sobre a entrega da entrada.
⚠ Importante: Se o pagamento non se realiza dentro do prazo indicado, perderase o dereito a adquirir a entrada e o importe da pre-reserva non será reembolsado.
-
Devolución para as persoas non seleccionadas
Aqueles afeccionados que non resulten seleccionados recibirán un correo coa notificación e, de forma automática, o club procederá ao reembolso íntegro do importe da pre-reserva no mesmo método de pagamento utilizado durante a inscrición.
-
Confirmación e entrega das entradas
Os seguidores que completen o proceso de compra recibirán un correo electrónico de confirmación. É importante lembrar que o xustificante de pagamento non é válido como entrada.
Neste caso, as entradas serán dixitais. En caso de producirse calquera cambio, o club poñerase en contacto a través do correo electrónico.
Unha vez realizada a compra, non se permiten cambios nin devolucións.
A preinscrición para as entradas está dispoñible no Portal do Celtista desde hoxe mesmo ata o luns 23 de novembro ás 12:00h. Lembramos que estas son nominativas e será necesario presentar o DNI xunto coa entrada no acceso ao estadio.
Vémonos no Camp Nou, celtistas!