ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

O RC Celta ofrece autobuses e entradas gratuítas aos seus abonados para o partido contra o Cádiz CF

RC Celta

 

O RC Celta afronta este domingo ante o Cádiz CF (Nuevo Mirandilla, 19:00 horas) un encontro onde buscará un importante triunfo na penúltima xornada de LaLiga 2022/23. Para este partido, o club ofrece aos seus abonados a viaxe en autobús máis a entrada de forma gratuíta.

A saída terá lugar o propio domingo 28 ás 03:00 dende o Estadio Abanca Balaídos, sendo o regreso ao mesmo punto tras finalizar o encontro.

Os abonados que desexen obter unha entrada gratuíta para a bancada visitante deberán utilizar os autobuses facilitados polo club. Para retirar a entrada e reservar a súa praza para a viaxe, cada abonado ten que presentar o seu carné e o seu DNI no despacho de billetes de abonados de Abanca Balaídos, onde levarán a cabo todas as xestións de forma presencial.

Aqueles abonados que xa comprasen unha entrada a través da plataforma serán informados a semana que vén sobre como se realizará a devolución do importe. As entradas son nominais, polo que será necesario proporcionar o nome completo e o DNI ao solicitalas.

*PRAZAS E ENTRADAS ESGOTADAS*

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas