20221123_CarlosMouriño_GS360_CírculoDeEmpresarios_3
O Club

Carlos Mouriño na Tribuna Círculo: “O Celta vai transformar a industria do deporte con Galicia Sports 360”

RC Celta

Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta e do Grupo Corporativo GES, foi o invitado do Almorzo Tribuna organizado hoxe polo Círculo de Empresarios de Galicia, impartindo unha conferencia co título ‘Galicia Sports 360. A plataforma do R.C. Celta para a innovación e o deporte galego’.

O empresario foi presentado polo presidente do Círculo, Manuel Rodríguez, quen fixo un percorrido persoal e profesional sobre a figura de Mouriño. “Desde mozo foi o exemplo dun home feito a si mesmo”, destacou, relatando as súas aventuras empresariais, a súa traxectoria en México e o seu posterior regreso a Vigo.

“Pero os galegos, cando temos que irnos por vontade propia ou esixencia da fortuna, sempre temos en mente volver á nosa terra, e el fíxoo ao grande, ampliando os investimentos de Grupo GES e accedendo á propiedade maioritaria e a presidencia do Real Club Celta en xuño de 2006, o club dos seus amores”.  “Os que lle coñecen moi de preto, teñen claro que lle gusta máis ser coñecido como celtista que como presidente”, sentenciou Manuel Rodríguez.

Na súa intervención, o presidente do RC Celta Carlos Mouriño deu as claves aos presentes no Círculo de Galicia Sports 360, “que marcará un antes e un despois na historia do Celta”. “É un proxecto para toda Galicia, con innovación e formación, turismo deportivo e restauración, investigación, lecer, formación, multideporte e compromiso social na formación de deportistas”, indicou.

O obxectivo de Galicia Sports 360, co RC Celta como referente, será transformar toda a industria do deporte de Galicia cun proxecto “de extraordinaria importancia para a formación de clubs, atletas ou federacións”, afirmou Mouriño, quen avanzou “unha estreita colaboración con todas as federacións deportivas, que terán acceso ás instalacións para probas específicas de deportistas de alto rendemento”.

“O RC Celta vai transformar toda a industria do deporte en Galicia cun proxecto dunha importancia extraordinaria para a formación de clubs, atletas ou federacións”, e así mesmo anunciou que GS360 xa conta co visto e prace de moitos organismos oficiais e privados, presentouse no Consello Superior de Deportes, en LaLiga, o COI, e “a empresas tan relevantes como CBR, na sede de ESPN, na NBA, na embaixada de España en México ou recentemente en Exipto”.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas