nota centenario cos cativos horiz 16423
Celtismo

O Mar de Vigo desborda entusiasmo e celtismo no emotivo e multitudinario ’Centenario Cos Cativos’

RC Celta

A historia do RC Celta, canteira, sentimento, entusiasmo, enerxía, celtismo… confluíron esta tarde no Auditorio Mar de Vigo nun emotivo evento organizado pola Fundación Celta con motivo do Centenario do club.  Uns 1500 nenos celtistas asistiron ao ‘Centenario cos Cativos’ e puideron coñecer mellor, non só a historia celeste, se non tamén aos canteiráns Iago Aspas e Gabri Veiga.

Abriu o acto, conducido por Carlos Veleiro,  o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, quen deu a benvida aos mozos celtistas e animoulles a manter o seu entusiasmo nas bancadas de Abanca Balaídos para arroupar ao equipo e seguir o legado dos seus pais e avós.

Tras as emotivas palabras do presidente entrou en escena o tres veces campión de España de Fútbol freestyle Anto Sanz, quen deleitou á nova audiencia cunha exhibición de imaxinación e habilidade.

A historia celeste capitalizou o protagonismo coa proxección do magnífico vídeo sobre os 100 anos de vida do RC Celta elaborado pola prestixiosa plataforma Academia Play, a canle con máis seguidores en YouTube en España.

Os asistentes tiveron ocasión despois de formularlle numerosas preguntas a Iago Aspas e Gabri Veiga sobre as súas inquietudes, ilusións e expectativas, con fogosas ovacións dos asistentes tras a intervención dos futbolistas.

O ‘Centenario cos Cativos’ finalizou co himno do RC Celta entoado con entusiasmo por todo o auditorio.

A recadación do evento destinouse por completo á campaña solidaria  ‘100 Anos – 100 Toneladas’ posta en marcha con motivo do Centenario polo Banco de Alimentos de Vigo e a Fundación Celta.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario

Noticias recomendadas