BANNER WEB 1300X400
O Club

Comunicado do RC Celta

RC Celta

Por mor da sentenza da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Almería, emitida na xornada de hoxe, o RC Celta decidiu a apertura dun expediente disciplinario ao xogador Santiago Mina para dilucidar as súas responsabilidades laborais á vista desta resolución. Por esta razón, e de maneira cautelar, decidiuse apartar ao xogador provisionalmente dos adestramentos do primeiro equipo, sen prexuízo de que continue realizando as actividades que ao efecto lle indique o club.

O RC Celta respecta o dereito de defensa do xogador, pero vese na obriga de tomar medidas fronte a aqueles feitos que menoscaban de forma notoria a imaxe do club e atentan directamente contra os seus valores, mostrando unha vez máis o seu máis absoluto rexeitamento cara ao delito tipificado na resolución xudicial.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas