LOGOS-GRUPO-RCCELTA-banner.jpg
Novas club

Convocatoria da Xunta Xeral de Accionistas 2019

RC Celta

LOGOS-GRUPO-RCCELTA-banner

REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D.

 

Convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas

 

Por acordo do consello de administración do 27 de outubro de 2019 convócase Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas da sociedade REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D., a celebrar no domicilio social sito en Vigo, rúa Príncipe, número 44 (A Sede), Salón Regio, primeira planta, o luns 2 de decembro de 2019, ás 17 horas, en primeira convocatoria, ou o martes 3 de decembro de 2019, ás 19 horas, no mesmo lugar e en segunda convocatoria, con arranxo ao seguinte

 

Orde do día:

 

Primeiro.- Exame e aprobación, no seu caso, das contas anuais e do informe de xestión, así como da proposta de aplicación do resultado, e censura da xestión do consello de administración, todo referido ao exercicio pechado a 30 de xuño de 2019.

Segundo.- Exame e aprobación, no seu caso, do estado de información non financeira do exercicio pechado a 30 de xuño de 2019, formulado con carácter voluntario.

Terceiro.- Exame e aprobación, no seu caso, do orzamento para o exercicio 2019-2020.

Cuarto.- Determinación do número de compoñentes do consello de administración. Dimisións, nomeamentos e reelección de conselleiros.

Quinto.- Nomeamentos de auditor de contas da Sociedade e, no seu caso, do seu grupo consolidado para os exercicios 2019-2020, 2020-2021 e 2021-2022.

Sexto.- Situación deportiva.

Sétimo.- Rogos e preguntas.

Octavo.- Redacción, lectura e aprobación, no seu caso, do acta da Xunta o nomeamento de interventores para a aprobación da mesma.

 

Poderán asistir os accionistas que acrediten ser titulares de, polo menos, sete accións inscritas ao seu nome, con cinco días de antelación como mínimo a fecha da Xunta, no libro rexistro de accións nominativas da Sociedade. Os titulares de accións en número inferior ao mínimo exixido poderán agruparse para alcanzar o mínimo establecido; nese caso, os titulares agrupados deberán conferir representación por escrito e con carácter especial a un calquera dos accionistas agrupados.

 

A partir da presente convocatoria, calquera accionista poderá examinar no domicilio social e, no seu caso, obter da Sociedade, de forma inmediata e de balde, mediante a súa entrega ou envío, os documentos que deberán aprobarse na Xunta, o informe de xestión e o informe do auditor de contas, así como o informe do prestante independente de servizos de verificación relativo ao estado de información non financeira.

 

A fin de evitar molestias innecesarias aos accionistas, se quere deixar expresa constancia de que, con toda probabilidade, a Xunta celebrarase en segunda convocatoria, no lugar e hora indicados no presente anuncio.

 

Vigo, 31 de outubro de 2019.- O Presidente do Consello de Administración, D. Manuel Carlos Mouriño Atanes

RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas club Novas club

Noticias recomendadas