16x9
Celta media

O RC Celta estrea a súa canle oficial de WhatsApp!

RC Celta

16x9

O RC Celta dá un paso máis no seu compromiso por conectar cos afeccionados estreando a súa canle oficial de WhatsApp. Con este novo medio de difusión, o club celeste busca proporcionar ao celtismo unha vía rápida e directa para acceder ás últimas noticias, actualizacións e contido exclusivo relacionado co equipo.

Ingresar á canle é sinxelo. Só necesitas picar AQUÍ e seleccionar a opción “seguir”. Unha vez completado este paso, animámosche a activar as notificacións da canle para non perderche ningunha novidade.

O RC Celta espera que esta nova canle de WhatsApp fortaleza os lazos coa afección, proporcionando unha experiencia máis próxima a todos os celtistas.

RC Celta

Etiquetas

Celta media Celtismo

Noticias recomendadas