O Memorial Quinocho, un torneo de enorme carga emotiva para o celtismo, será este ano especial por máis dun motivo. Ademais de servir para homenaxear ao eterno xogador e xerente do club Joaquín Fernández Santomé “Quinocho”, a vixésimo terceira edición do torneo terá un marcado compoñente solidario: toda a recadación irá destinada aos veciños de Paramos e Guillarei, en Tui, afectados pola explosión dun almacén pirotécnico o pasado mes de maio.
As entradas terán un custo de 5€ para o público xeral, mentres que os abonados do RC Celta poderán acceder co seu carné. Ademais, habilitouse unha conta solidaria para aqueles afeccionados que non poidan acudir ao partido e desexen apoiar a iniciativa: ES80 2080 5066 7330 4003 5840.
Os despachos de billetes do estadio Abanca-Balaídos permanecen abertas de luns a venres en horario de 09:00 a 15:00.