VIII Invasión Celeste
Celtismo

Galería da multitudinaria VIII edición da Invasión Celeste by Profand

RC Celta

Tras unha semana de choivas, Vigo tinguiuse de celeste nunha asollada mañá de domingo para acoller a VIII edición da Invasión Celeste. A Fundación Celta, xunto a Profand, reuniu a máis de 1.200 corredores, aos que se uniron preto de 200 nenos, que patearon as rúas de Vigo, desde A Sede do RC Celta na Rúa Príncipe ata o emblemático estadio de Abanca Balaídos.

Foi unha xornada de diversión, pero tamén de competición, en varias categorías. Na proba de 10 quilómetros, os vencedores foron Maxi Oubiña e María Nieto; mentres que na carreira de 5 quilómetros, levaron os primeiros postos Anxo Otero e Claudia Martínez.

Un ano máis, o celtismo entregouse con esta iniciativa, batendo récords, pero co mesmo entusiasmo e ilusión que sempre e deixando imaxes para o recordo. O club está seguro de que queredes estas fotografías, polo que, a modo de agradecemento pola acollida desta edición, aquí tedes unha galería do que foi o evento. Seguro que atopades algunha cara coñecida!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas