A afección celeste brindou unha merecida homenaxe a JRA10 tras a súa brillante tempada 2021/2022. Abanca Balaídos recibiu con aplausos ao noso xogador da sección de eSports que a pasada campaña cultivou subcampeonato de eLaLiga 21/22, clasificación á Mundial vía play-off e top-16 do mundo, ademais de ser o primeiro español en chegar a eliminatorias finais da FIFA eWorld Cup.
Xunto a el saltaron ao céspede do feudo vigués Dani Navarrete, recente incorporación nas nosas filas, e Javier Villoria, manager e adestrador de JRA10 representando a Falcons.