1300x400
Novas club

O RC Celta, vixente subcampión, participa de novo en eLaliga Santander con JRA10 á fronte

RC Celta

 

O RC Celta, vixente subcampión, participará unha vez máis en eLaLiga Santander con JRA10 á fronte do equipo. Ademais, o o conxunto celeste incorpora a Dani Navarrete como segundo xogador, o que permitirá afrontar con garantías a Supercopa e a Copa, que esta tempada disputaranse baixo modalidade 2vs2. Navarrete defendeu no pasado as cores de Eibar e Betis. Entre os seus logros, un top-5 na eLaLiga Santander Cup da tempada pasada e dous top-33 nas FIFA Global Series.

A primeira gran cita da tempada é o AllStar, que se xogará o 11 de outubro en Barcelona nos estudios de Mediapro. con dous equipos capitaneados por un influencer cada un e xunto a estes, diferentes pro players e algunhas sorpresas máis.

Para este evento, a eLiga abrirá a través das súas RRSS un período de votación entre o 4 ao 7 de outubro. O club anima aos afeccionados a que participen para conseguir que JRA10 e Navarrete sexan elixidos para este evento votando AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas