LaLiga Genuine Santander regresa a Vigo para celebrar o inicio da terceira fase da tempada 2022/23 deste proxecto inclusivo, posto en marcha por LaLiga, a través da súa Fundación, e consistente nunha liga de fútbol conformada por equipos de persoas con discapacidade intelectual.
Tras a celebración da 2º fase en Barcelona e Bilbao, a paixón máis pura do fútbol volve agora aos terreos de xogo da man do RC Celta, equipo anfitrión da fin de semana, quen da man da Fundación Celta quixo compartir a celebración do centenario celeste coa liga das verdadeiras estrelas do fútbol.
Este venres tivo lugar en A Sede RC Celta a xa tradicional cerimonia de inauguración desta cuarta parada no calendario Genuine. Javier Tebas, presidente de LaLiga e Carlos Carlos Mouriño quixo deixar de manifesto a súa ilusión e a do RC Celta por volver ser anfitrión de LaLiga Genuine Santander: “Quero agradecerlle ao presidente, Javier Tebas, e toda a organización por deixarnos compartir este momento tan especial no centenario do RC Celta. Grazas, porque é para nós un motivo de orgullo e alegría poder volver albergar unha das sedes desta competición”.
Javier Tebas, mostrouse agradecido co RC Celta e o seu compromiso con LaLiga Genuine Santander: “É unha enorme ilusión estar hoxe aquí, na cidade de Vigo. Quixemos vir aquí, ademais de por o centenario do club, para poñer en valor o compromiso que o RC Celta Integra leva demostrando desde o nacemento de LaLiga Genuine Santander, unha competición única no mundo, onde o importante non é competir, se non compartir.”
Os días 15 e 16 de abril, os máis de 350 xogadores e xogadores desta sede daranse cita nas Instalacións Deportivas da Madroa para disputar os 33 partidos que conforman esta etapa da competición. Dúas xornadas deportivas onde a paixón que caracteriza a LaLiga Genuine Santander será a protagonista.
Dispostos en 3 franxas, sábado pola mañá, sábado pola tarde, e domingo pola mañá, os equipos poderán defender as súas cores para avanzar nas clasificacións deportiva e de Fair Play e, sobre todo, gozar do fútbol máis xenuíno, acompañados de afeccionados, familiares e amigos, e, en definitiva, de todo aquel que se queira contaxiar do espírito desta competición. A entrada é gratuíta durante toda a fin de semana.
Como en cada unha das fases desta tempada, LaLiga Genuine Santander estará dedicada ás calidades que caracterizan a esta competición. E tras vivir a emoción e a superación máis xenuína, a terceira fase da tempada terá como protagonista á paixón coa que viven o fútbol os xogadores e xogadoras, corpos técnicos e afeccionados desta liga.