WhatsApp Image 2025-03-07 at 15.27.38 (4)
Novas club

Los Sauces celebra o seu 30 aniversario

RC Celta

O pasado venres 7 de marzo, a presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, participou na celebración do 30 aniversario do Colexio Los Sauces, institución colaboradora do club que celebra durante o curso 2024/2025 tres importantes aniversarios: 40 anos en La Moraleja e 30 en Pontevedra e Torrelodones.

Durante o evento, que tivo lugar nas instalacións da escola de Vigo, Marián Mouriño deu unha charla sobre a importancia do deporte como parte fundamental da formación e desenvolvemento integral dos estudantes.

O RC Celta quere agradecer a Los Sauces a invitación e o trato, así como o estreito vínculo que une ao club con este colexio desde hai tantos anos.

Parabens!

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas