O proxecto máis importante da historia do RC Celta, Galicia Sports 360 Factoría do Deporte Galego, deu este xoves un paso adiante definitivo no seu camiño para converterse nunha ilusionante realidade. A Xunta de Galicia declarou onte de interese autonómico esta iniciativa do club encamiñada a garantir o futuro da entidade e a situar a Galicia nun lugar moi destacado no mapa da industria do deporte europeo.
O RC Celta traballa desde hai meses na posta en marcha un proxecto que marcará un antes e un despois na súa historia. Galicia Sports 360. é unha iniciativa crave para o crecemento do club que modificará por completo a industria do deporte en Galicia e impulsará e potenciará a formación de clubs, atletas e federacións.
“A Xunta aprobou o proxecto GS360 Factoría do Deporte Galego, algo que nos dá unha gran responsabilidade, lévanos a unha dedicación especial para que este proxecto sexa o éxito que auguramos, que lle prometemos á Xunta de Galicia e que emprendemos baixo a súa supervisión”, comentou o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño.
Destacou que “para nós é un día fantástico, marabilloso. Foron moitos meses de traballo pero culmináronse con este recoñecemento a ese esforzo e ilusión e sobre a todo a ese compromiso que adquirimos para chegar á conclusión definitiva e poder terminar nun éxito para a cidade, a súa área metropolitana e toda Galicia”.
Mouriño subliñou ademais que ”este proxecto conta co visto e prace de moitos organismos oficiais e de moitos organismos privados. Podo citar que foi presentado no Consello Superior de Deportes, na Liga no Comité Olímpico Internacional, a empresas tan importantes como CBR, a equipos da NBA, en Estados Unidos ou na embaixada de España en México”.
“É un proxecto que entusiasma, que ilusiona, que nos transporta a outra dimensión na industria do deporte e disto debemos de aproveitarnos todos, os vigueses, os mosenses e os galegos porque vai situar ao deporte de Galicia nunha situación xamais pensada, xamais soñada, de éxito indiscutible”, concluíu o presidente do RC Celta.
As obras de GS 360 comezarán no segundo semestre do próximo ano e dotarán ao proxecto de laboratorios de investigación, cultura, lecer, turismo deportivo, medicina deportiva e de instalacións para a práctica de todos os deportes.
O investimento total será de máis de 90 millóns de euros -a maior de obra privada no sur de Galicia- cunha superficie total de 300.000 metros cadrados, 75.000 deles de superficie construída, e xerará varios centenares de postos de traballos directos.
Para a realización deste proxecto tan ambicioso e referente no sector da industria deportiva, MolcaWorld e CBRE uniranse aos equipos galegos de arquitectura que asumiron a primeira fase e manteñen a súa participación no desenvolvemento da Cidade Deportiva Afouteza. Implementarán servizos de consultoría estratéxica que cubran as necesidades dos inmobles de Galicia Sports 360 ao longo de todo o seu ciclo de vida, pasando por Project Management a través de Bovis from CBRE para as fases de deseño, licitación e construción, igualmente prestarán os servizos de revitalización integral de instalacións e espazos do proxecto.es y espacios del proyecto.