Naiara Martínez Fernández (3 de abril de 2007) é a nova integrante de As Celtas. A viguesa de 17 anos será a nova porteira do conxunto celeste.
Procedente do Lóstrego CF, iniciou a súa carreira deportiva no CD Choco e, pouco despois, pasou polo ED Val Miñor e o UD Mos.
Cunha traxectoria prometedora, Naiara formou parte da Selección de Vigo Sub-12 e Sub-14. Ademais, xogou coa Selección galega Sub-15 e Sub-17.
Seguridade, habilidade e firmeza baixo os tres paus súmanse agora ao proxecto de As Celtas para seguir ultimando o que será o primeiro equipo feminino do conxunto celeste.
Benvida, Naiara!