20250307_NuevaAreaCeltista_AbancaBalaidos-2
Celtismo

Nova Área Celtista en Abanca Balaídos

RC Celta

O RC Celta inaugura unha nova e renovada Área Celtista en Abanca Balaídos, un lugar pensado para mellorar a experiencia de todos os afeccionados. Co peche dos antigos despachos de billetes situados na Bancada de Gol debido á remodelación do estadio, o club decidiu trasladar este espazo á zona de Marcador, entre as portas 14 e 15, co obxectivo de ofrecer unha localización máis accesible e moderna para todos os celtistas.

Esta Área Celtista alberga non só un lugar onde comprar entradas, senón tamén un punto de consulta onde os afeccionados poderán resolver calquera dúbida de maneira personalizada. Con oficinas deseñadas para facilitar unha atención máis directa e próxima, este espazo convértese nun sitio de encontro entre o club e a afección e nun lugar pensado para todos ao incluír unha zona adaptada para persoas con mobilidade reducida que garanta aos afeccionados gozar da mesma atención sen importar as súas necesidades.

O RC Celta busca, a través desta iniciativa, ofrecer un servizo de calidade que reforce o vínculo co celtista mentres continúa co seu proceso de mellora constante. Para o club, a creación deste moderno e acolledor espazo é un símbolo de crecemento e compromiso que reflicte o profundo respecto e a dedicación que ten cara á afección, un dos seus piares fundamentais.

Isto é por e para vós. Gozádeo, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas