_MG_3913
O Club

O Celta B-Racing de Ferrol disputarase a porta pechada

RC Celta

O RC Celta, dada a actual situación da pandemia e as últimas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, non abrirá ao público o campo de Barreiro no partido deste domingo entre Celta B e Racing de Ferrol. Trátase dunha decisión difícil, pero tomada desde a responsabilidade que require a actual situación da crise sanitaria.

O club lamenta non poder ofrecer aos seus abonados e afeccionados a posibilidade de acudir a este encontro, pero considera que se trata dunha medida necesaria nestes momentos de especial dificultade.

Para os seguintes partidos do Celta B como local, o club irá informando de xeito puntual en función da situación sanitaria e os protocolos esixidos.

Así mesmo, o RC Celta apela á unión e responsabilidade de todos os afeccionados no cumprimento das medidas sanitarias e expresa o seu desexo de que pronto, coa colaboración de todos, recuperemos a normalidade.

Os afeccionados celestes poderán seguir o encontro ante o Racing de Ferrol a través de Celta Media.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas