ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

O RC Celta alcanza a cifra máxica de 300.000 seguidores en Instagram e o celebra cunha espectacular xornada de sorteos

RC Celta

Seis anos despois da creación da conta oficial de Instagram, o RC Celta alcanza unha cifra máxica. O club acumula nesta popular rede social 300.000 seguidores que gozan cada día de espectaculares imaxes que debuxan con enxeño, imaxinación e precisión a actualidade celeste.

O crecemento sostido do RC Celta nas redes sociais permite ao club celeste comunicarse xa con máis de 1.700.000 seguidores, que atopan nas contas de Twitter, Facebook, Instagram. YouTube, Linkedin e TikTok unha inesgotable fonte de fotografías, vídeos e información para vivir o día a día do club.

Para celebrar a cifra de 300.000 seguidores alcanzada en Instagram, o RC Celta propón para este mércores unha espectacular xornada de premios: sorteará cada hora, entre as 10:00 e as 22:00 horas, produtos oficiais e produtos cortesía de patrocinadores do club como Estrela Galicia, Adidas e Gadis, a través da conta do club en Instagram.

Para participar, os afeccionados deberán seguir a seguinte mecánica:

– Seguir o perfil oficial do RC Celta en Instagram
– Entrar nas “stories” do club acceder á ligazón de participación. Haberá un cada hora!
– Acceder á web de participación e rexistrarse. Cada afeccionado poderá participar unha vez en cada un dos doce sorteos que se realizarán en total.

Estes son os premios que se sortearán cada hora ao longo de toda a xornada. Os afeccionados deberán estar atentos ás stories do RC Celta en Instagram para descubrir que premio sortearase en cada franxa horaria!

– Botas Speedflow de Adidas
– Gran cesta de Nadal de GADIS
– Entradas dobres para visita e experiencia no Museo MEGA Estrella Galicia
– Pack de merchandising RC Celta
– Pack de produtos sustentables RC Celta
– Entradas dobres para o partido Celta-Valencia
– Camiseta primeira equipamento RC Celta 21/22
– Camiseta eSports RC Celta 21/22
– Chaqueta himno RC Celta 21/22
– Roupa para mascotas Celestiños

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas