A pasada fin de semana, o RC Celta logrou unha xesta espectacular. Desde os benxamíns ata o primeiro equipo, todos os conxuntos celestes pecharon a xornada con vitoria, demostrando o talento e a calidade que reside no club. Con 65 goles a favor e só 6 en contra, estes resultados evidencian o bo estado de forma que atravesan todas as categorías celestes grazas ao traballo, a disciplina e o esforzo que sempre as caracterizou.
Entre os máis destacados, o primeiro equipo lograba unha importante remontada no feudo bermellón, tras vencer ao RCD Mallorca por 1-2. Pola súa banda, o Celta Fortuna continúa co seu crecemento e lograba a súa terceira vitoria consecutiva nada menos que ante o Barça Atlètic. Mentres que o Xuvenil A, deu un golpe sobre a mesa na División de Honra Xuvenil ao vencer en Abegondo ao Deportivo de La Coruña e posicionarse como líderes da competición. Uns éxitos que tamén se estenderon ao fútbol feminino, coas vitorias nas categorías inferiores de As Celtas.
Unha fin de semana perfecta para alegría de todo o celtismo e do propio club celeste que ten na base o seu piar fundamental para o crecemento e potenciación do seu proxecto deportivo.