denominacion de orixe celta web
O Club

O RC Celta redobra a súa aposta pola canteira: ambiciosa reestruturación para potenciar formación e captación de xogadores

RC Celta

A organización, metodoloxía e productividade da canteira do RC Celta son un referente a nivel internacional e colleitan múltiples recoñecementos tanto en España como noutros países. O club, que converteu o desenvolvemento das categorías inferiores nun dos seus grandes alicerces, redobla a súa aposta e dá un gran paso para impulsar a súa canteira cunha reestructuración que servirá para mellorar e potenciar a formación e a captación de xogadores para o fútbol base.

O RC Celta crea unha nova área de traballo nas categorías inferiores baixo a dirección de Carlos Hugo García Bayón, cuxa labor na canteira celeste nos últimos anos foi extraordinaria, quen será o máximo responsable do área de Fútbol Denominación de Orixe Celta.

Esta nova área xestionará e coordinará a formación e captación de xogadores de todas as categorías inferiores do RC Celta, desde o benjamín ata o filial, e contará cunha rede de técnicos máis ampla para detectar novos talentos futbolísticos non só en Galicia, senón en toda España.

Dentro desta nova área que dirixe Carlos Hugo García intégrase como responsable da Canteira Eduardo Covelo, gran coñecedor do fútbol base galego e un dos impulsores da metodoloxía da canteira celeste.

Deste xeito, o RC Celta potencia con forza un área sobre a que xira o proxecto do club e da Fundación e que nos últimos anos foi unha inagotable fonte de satisfaccións para a entidade e a afección.

O programa Denominación de Orixe Celta foi creado e desenvolvido fai uns anos para coidar e potenciar os aspectos deportivo e humán dos xogadores das categorías inferiores celestes. Para iso, o club creou un programa informático que lles permite aos técnicos evaluar cada semana as actitudes positivas e negativas dos xogadores co fin de potenciar as primeiras e reforzar a educación en valores, os comportamentos individuais e colectivos e o rendemento académico dos canteiráns.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas