20240828_MarcosAlonso_Afouteza_-28
O Club

O RC Celta sorprende coa presentación do seu terceiro equipamento para a tempada 24/25

RC Celta

O RC Celta presenta a que será o seu terceiro equipamento para a presente tempada aproveitando a chegada da súa última fichaxe, o lateral, Marcos Alonso. Un dobre anuncio co que o club quixo sorprender a toda a afección celeste que desde hai anos demandaba esta terceira elástica.

Nesta ocasión, trátase dunha prenda cor laranxa cun elegante deseño nos ombreiros que, do mesmo xeito que no segundo equipamento, representa algún dos lugares máis emblemáticos da cidade de Vigo como a ponte de Rande, o Pazo Quiñones de León de Castrelos, o faro de Alcabre, a Ermida de A Guía e os soportais de O Berbés. Deste xeito, o RC Celta, xunto con hummels, continúa a súa aposta por enxalzar as raíces e tradicións das que forma parte e que acompañarán durante toda a tempada aos xogadores e xogadoras do club celeste.

Tras sete campañas, o RC Celta volve sorprender aos afeccionados co lanzamento dun terceiro kit deseñado para reflectir a identidade do club e o seu enfoque cara ao futuro. Un terceiro equipamento que xa está dispoñible nas tendas físicas da Sede e ABANCA Balaídos, así como na web oficial do club. Non te quedes sen a túa!

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas