ESCUDO-1300x400-02
O Club

O RC Celta, subcampeón da eLaLiga Santander 21/22 tras unha apaixonante final decidida na tanda de penaltis

RC Celta

A Galería de Cristal do Palacio de Cibeles acolleu este fin de semana a Gran Final de eLaLiga Santander 21/22, unha fase final na que estivo presente o RC Celta logo de acabar en sexta posición do grupo B dentro da fase regular.

O conxunto celeste, con JRA10 aos mandos, debutou o sábado 7 de maio en oitavos de final cunha gran remontada (4-5) ante o Levante UD DE LUD Maestro e, posteriormente, conseguiría a clasificación ás semifinais logo doutra remontada con idéntico resultado (4-5) ante o Villarreal CF de AdrianCifuentes que se resolvería na prórroga.

O Atlético de Madrid de AndoniiPM esperaba a JRA10 nunha xornada dominical que se resolvía dando novamente a volta a un resultado adverso (1-2). Xa na final do Winners Bracket, JRA10 sufría a súa primeira derrota da competición (1-7) ante o Deportivo Alavés de Zidane10, o que mandaba aos celestes á final do Losers Bracket. Un partido emocionante ante a UD Ibiza de cone1996fc que nos deixaría un partido para a historia que, tras finalizar con empate (4-4), se decantaría cara ao conxunto dirixido por Javier Villoria na tanda de penaltis (2-1).

Zidane10 esperaba nunha Gran Final na que JRA10 forzaba o partido extra polo título tras vencer por 2-3. O último encontro do campionato deixou emoción, entrega e calidade por parte de dous conxuntos que brindaron un gran espectáculo e que, tralo empate a catro goles na prórroga, o conxunto vitoriano levantaba o título tras vencer por 3-2 desde os once metros.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas