20240816_RCCELTAvsALAVES_
O Club

“Oliveira dos cen anos” candidata a mellor videoclip nos Latin Grammy

RC Celta

“Oliveira dos cen anos”, o himno do centenario do RC Celta creado por C. Tangana xunto con Little Spain e o propio club, segue cultivando éxitos. Os Latin Grammy, que este martes deron a coñecer a lista de nomeados para a súa 25º edición, situaron á composición celeste na lista de mellor vídeo musical versión curta. Unha categoría na que o himno do RC Celta competirá cos traballos de artista como Marc Anthony, Bad Bunny, Leonel García, Mau e Ricky e Residente.

Así, o RC Celta cóase no máis alto dos premios latinos máis importantes do panorama musical. Un novo recoñecemento ás raíces, historia e tradición do club celeste que a través do seu aclamado himno continúan dando a volta ao mundo.

RC Celta

Etiquetas

Centenario O Club

Noticias recomendadas