20250321_GS360_FormaMOS-17
O Club

RC Celta e metrodora, presentes en FormaMos 2025

RC Celta

O RC Celta e o seu proxecto GS360 participan, un ano máis, na Feira de Formación “Formamos”, que celebra a súa cuarta edición os días 20 e 21 de marzo no Pavillón Óscar Pereiro de Mos, da man de metrodora, grupo educativo especializado en Saúde e Deporte, con formación profesional -a través de metrodora FP– e formación universitaria, que se ocupará da implantación e desenvolvemento da formación prevista no proxecto celeste. Este evento, que xa está a bater récords en 2025, contará coa presenza de 83 expositores e a visita de preto de 3.000 estudantes de 41 centros educativos e 21 localidades.

Cunha superficie de 2.500 m², a feira reúne esta semana a institucións educativas, universidades, centros de formación profesional, escolas de idiomas, e organismos como corpos de seguridade e administracións públicas, co obxectivo de ofrecer un lugar onde explorar opcións formativas e profesionais. Por iso, GS360, comprometido coa formación e o desenvolvemento dos mozos, contará cunha caseta con información sobre as oportunidades educativas vinculadas ao club celeste. Este posto, situado na feira da man de metrodora, socio desarrollador da parte de formación incluída no proxecto GS360, buscará conectar cos estudantes e darlles a coñecer as alternativas máis punteiras para o seu futuro, unindo deporte e educación.

Formamos, consolidado como un referente en información educativa, prevé ser clave nesta edición para a orientación cara ao crecemento académico e profesional dos máis novos. Sen dúbida, unha excelente ocasión para descubrir a proposta formativa de GS360 e metrodora e coñecer as múltiples oportunidades que ofrece esta feira para os estudantes galegos.

Acerca de metrodora education
Primeiro grupo educativo das súas características que xorde para liderar a formación sanitaria, sociosanitaria e deportiva, en fala hispana. Nacido en 2021, integra 22 centros formativos de referencia. Cobre todos os niveis educativos (educación superior, ao redor da que viran a formación profesional e a continua) e áreas de especialización sanitaria e deportiva. A súa ampla oferta académica (graos, posgraduados, #máster, formación executive, FP, certificados de profesionalidade, OPE, IR…) facilita itinerarios para formarse e manterse actualizado toda a vida. Con máis de 600 empregados, imparte formación a máis de 21.000 alumnos, en modalidade presencial, semipresencial e en liña. Desde a súa orientación cara á innovación educativa, a transformación dixital, a internacionalización, a empregabilidade e a humanización da contorna sanitaria e deportiva, a súa meta é mellorar benestar da sociedade acompañando no seu desenvolvemento aos profesionais que coidan dos demais. https://www.metrodoraeducation.com/

Contacto Medios:
GS360: Prensa RC Celta. [email protected]
Metrodora: Rafael Fernández &Comunicas. [email protected] (655 89 39 01) // Marta Vicente &Comunicas. [email protected] (636 60 43 40)
RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas