Reconquista 1920x1080
Celtismo

A Reconquista trasládase este domingo a Abanca Balaídos na previa do RC Celta- UD Almería

RC Celta

A popular festa que axita á cidade de Vigo estes días terá continuidade este domingo en Abanca Balaídos, escenario desde as 14.00 horas dun partido clave para determinar o devir do RC Celta esta tempada. O cadro celeste recibe ao Almería no fragor da Reconquista, que se trasladará ao estadio celeste para facer partícipe á afección desta singular celebración viguesa.

Desde as 12.30 horas, todas as bancadas do estadio de Abanca Balaídos ofrecerán comida aos afeccionados e, como non, entre as viandas dispoñibles estará o característico choripán.

A previa estará amenizada por Eme DJ, unha das DJ en activo máis recoñecidas dos festivais e pistas de baile de toda España. Foi elixida como a mellor DJ nacional por Rockdelux varios añvos (2010, 2011 e 2014) e nomeada en varias ocasións nos Vicious Music Awards como mellor DJ. Eme DJ poñerá música á previa en Abanca Balaídos, desde as 12.45 horas e ata o inicio do partido.

Xusto antes do comezo do encontro vivirase un momento moi especial. O abonado celeste Julián Mouriño Trigo celebrará o seu 101 aniversario realizando o saque de honra desde o céspede de Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas